Nota de Prensa
DESDE A PLATAFORMA DE VECIÑOS AFECTADOS POLO PLAN SECTORIAL DE FOXO, QUEREMOS CONTESTAR Á SRA. INMA OROL DO BNG.
En primeiro lugar, dicir que non estamos nin influenciados nin manipulados por ninguén, xa que os primeiros que nos brindaron axuda foi o Partido Popular de Burela cando se enteraron do que estaba pasando, xa que vostedes tiñades a información desde facía moito tempo e estabades moi caladiños, eso sí que é oscurantismo! E demostrades o pouco ou nada que vos interesamos os veciños de Burela. E si o PP fose o que estivera gobernando e fixeran o que estades a facer vosoutros, estamos seguros que quen vos vería chamar ós veciños para axudarlles no que puiderades, ou non? Pero agora non interesa xa que foi unha brillante idea da sra. Conselleira do BNG, que se ledes o periódico, o concello de Burela é un dos poucos de Galicia que non pretentou alegacións.
En segundo lugar, imos falar do pleno solicitado polo PP e convocado polo bipartito o día 30 de decembro ás 10 da mañá, fóra de prazo para presentar alegacións, a sra. Nieves Cando di que o plan é moi bo, para adquirir vivenda protexida á xuventude, porque poden adquirila todas aquelas persoas que teñan un soldo de cómo máximo 3.300 € mensuais, e nós dicimos, se se tivera este soldo non facía falla facer esas vivendas xa que se podía ter un bo chatel en calquera parte de Burela.
Por outro bando, o sr. Alcalde dixo que a maioría dos veciños estaban dacordo co Plan, e dixo literalmente que un 80% dos veciños estaban a favor do Plan, logo retráctase e dí un 60%, aclárense e non manipulen información, xa que somos sobre uns 40 veciños afectados e hai 32 alegacións presentadas. Cremos que calcular un tanto por cen e dunha cantidade tan baixa debería ser algo doado para profesores, profesoras e mestras, pero parece que en cultura xeral non son o que se dí unha inminencia! Pobres daqueles que caen en mans tan pouco preparadas!
En terceiro lugar dicir que os veciños afectados de Foxo hainos de todas as cores políticas, e é moi doado para vosoutros xirar a cabeza cara outro lado, pero mirade, en Burela xa estaban plantados pinos antes de que a maioría de vosoutros chegarades aquí e oirades falar de Burela, somo un pobo que se caracterizou toda a vida como moi traballador e honrado e levantouse a base de moitos golpes de mar dos nosos pais e avós, para que agora veñades vós plantar pinos e contarnos películas. Que película de permuta, que nos van permutar o sillón da sra. Concelleira que está en San Caetano por un solar de Foxo? Que van facer, vivendas sociais(5), vivendas protexidas (153) e 44 vivendas para vender de libre prezo? Isto que é, para facerse ricos os mesmos a conta do traballo dos veciños de Burela!
E por favor, non deades clases de moralidade a ninguén neste pobo, xa que os veciños de Burela cederon e lles expropiaron terrreos para facer todo o que hai feito, como é o Hospital da Costa, os dous Institutos, as rúas, os paseos marítimos, etc., pero con plantexamentos claros, non manipulando e ocultando información que vosoutros tiñades e tivemos que enterarnos pola prensa e polo PP, que no noso ían facer vivendas.
No segundo pleno do día 30 a sra. Remedios López dixo que as fincas que ten o Concello nas Torrentes, vanse adicar a facer tamén vivendas sociais, pero cantas vivendas sociais vamos ter neste pobo?! E as do Torno? Levan rematadas máis dun ano, cando lles van dar as chaves ós veciños para poder vivir nelas e non pagar alugueres? Agora mesmo en Burela hai 600 vivendas para vender e 300 son vivendas de protección oficial. Estas non contan?
E por último, con respecto ó comentario que vostede, sra. Orol realiza sobre o comportamento no Pleno, pensamos que poucas palabras merece. Ben reflexado quedou no seu día a educación, tranquilidade e tolerancia dos asistentes. Tomen boa nota!!!



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



