RIOTORTO .- Riotorto acollerá o 5 de abril a III Feira da Artesanía do Ferro, que dará comenzo coa inauguración e o pregón previstos para as 12:00 da mañá. Acudirán ao acto inaugural o conselleiro de Innovación e Industria, en funcións, Fernando Blanco, e o deputado responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga. Despois será o pregón que pronunciará José González Vián “ferreiro en Riotorto nos seus anos mozos e que hoxe é catedrático de Termodinámica na Universidade do País Vasco”, segundo explicou o alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, na presentación do evento.
O rexedor sinalou que “como nas anteriores edicións a feira contará cunha zona de exposición para os ferreiros de Riotorto e tamén cunha zona de demostracións en vivo onde se amosará o seu arte. Haberá un obradoiro infantil para que os máis novos tamén se inicien neste oficio e unha carpa onde expoñerán outros artesáns chegados de todo o país e os comerciantes e industriais de Riotorto”. Federico Gutiérrez engadía que “a xornada se prolongará ata as 8 da tarde e rematará coa actuación do grupo folk A Quenlla”.
Antes, o sábado o día estará adicado aos nenos e aos rapaces. O alcalde de Riotorto contou que “con ocasión desta feira convocamos un concurso escolar e faremos a entrega de premios ese día e teremos unha xornada no Mazo da Fraga con demostracións do funcionamento do mazo en vivo e tamén haberá un obradoiro de xoguetes tradicionais”.
Federico Gutiérrez Estoa aproveitou a ocasión para “convidar a todos os nosos veciños e aos dos concellos limítrofes da comarca de Meira, da Mariña, da provincia e de todo o país a que veñan a Riotorto e que coñezan este oficio. Riotorto é o concello co ratio máis alto de artesáns por habitante, aínda quedan 15 ferreiros en activo. É moi interesante que non se perda este oficio e con estas iniciativas tentamos que se manteña cara o futuro”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



