NOTA DE PRENSA (FNC)
O BNG PEDIRÁ EXPLICACIÓNS EN PLENO DO USO QUE SE LLE ESTÁ A DAR AO VEHÍCULO DE PROTECCIÓN CIVIL. OS NACIONALISTAS DIN QUE SE EMPREGA PARA FACER VIAXES PARTICULARES QUE NADA TEÑEN QUE VER CO CONCELLO DE BARREIROS.
Barreiros, 18 de marzo de 2009. O grupo municipal do BNG de Barreiros pedirá explicacións no vindeiro pleno do Concello sobre o uso que se lle está a dar ao vehículo de protección civil. Os nacionalistas aseguran que “é un vehículo que foi cedido pola Xunta no ano 2000 e foi cedido nunhas determinadas condicións para o seu uso que están reguladas nunha orde do 6 de maio do 99 e aí di que é o que se pode facer con ese coche e que é o que non se pode facer con ese Nissan Patrol”.
O BNG lembra que “xa o advertimos e o denunciamos en máis dunha ocasión que se veñen facendo actividades e viaxes particulares incluso moitos deles fora do concello. Son viaxes que nada teñen que ver co traballo propio de protección civil ou de calquera outro servizo do Concello. O máis grave é que se utiliza para transportar persoas a determinadas viaxes que nada teñen que ver co Concello de Barreiros, igual teñen que ver con algún familiar dalgún traballador do Concello, eso sí, pero nunca, nunca co Concello”.
O grupo municipal nacionalista quere recordar que “o Concello de Barreiros hai uns meses a instancias do PP aprobou un plan de austeridade dada a situación económica que se está a vivir e nesa proposta, que foi aprobada por todos os grupos, se pretendían reducir gastos superfluos e chócanos moito que nestes aires de austeridade que parece expirar o PP no Concello de Barreiros o alcalde mire cara outro lado cando hai denuncias do BNG e hai queixas dos veciños cando co coche de protección civil se están a facer traballos que nada teñen que ver co Concello e que ademáis teñen un custe e un desgaste para o coche a finais de mes. Non cremos que que a economía local estea para permitirle luxos a un determinado traballador do Concello ao que non se coñece coche particular ningún, só se lle coñece para o seu uso público e particular o coche de protección civil do Concello”.
O Bloque Nacionalista Galego esixirá que “desde a alcaldía de Barreiros se tomen cartas no asunto. Nós imos pedir toda a relación de viaxes feitas polo vehículo de protección, toda a relación de facturas de gasoil e doutros gastos deste coche durante o ano 2008 e do que vai do 2009. Todo esto o facemos pola boa imaxe do Concello porque desde logo que cando moitas persoas ven e moitos contribuintes ven que este señor usa o coche única e exclusivamente tamén fora das horas de traballo para o seu servizo particular, pois moita xente á lle costa moito chegar a fin de semana desde logo que se poñen de moi mal xenio e con moita razón, e por outra lado para conseguir ese aforro económico que naquel plan de austeridade que presentou o PP se pretende conseguir. Tamén é probable que o alcalde non saiba nada (o que sería máis grave) e igual temos que avísalo porque non se entera do que se fai a determinadas horas co vehículo de protección civil”.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



