RIBADEO .- Asociación de Amas de Casa, de Viúvas, A Mariña-Cogami, Ou Cantal de Rinlo e Atalaia mantivemos distintas reunións con todos os grupos políticos municipais no 2008 para que se nomeasen rúas de Ribadeo, entre elas: A peonil detrás do Cinema Teatro, o Camiño que baixa a Cabanela desde Ibañez ou o que baixa a Buenos Aires desde Amador Fernández, o Aparcadoiro Municipal á beira da Rúa Daniel Cortezón ou a coñecida como Praza da Música.
Os nomes propostos foron o de Amando Suárez Couto, os Remeiros do Eo (Non cremos necesario expor os méritos nin do primeiro nin dos segundos) e, dado que a Concelleira de Cultura expuxéranos que se achegasen nomes de mulleres: os de Ernestina Mansilla, Filla Adoptiva de Ribadeo, creadora de centros de ensino e entre eles un colexio para orfos e que efectuou doazóns ao Hospital Asilo; Amadora Suárez Couto e Irmáns, comprometidos coa vida social e cultural ribadense, Amadora interprete e compositora, entre outros, para As Meniñas de Saudade, o noso grupo de Gaiteiras primeiro no seu xénero e para quen tamén se propón rúa ou praza.
Por acordo unánime do Consello Sectorial da Muller o pasado 16 de outubro levan ao Pleno que se celebrará o próximo 16 de marzo, ás oito da tarde, a proposta realizada só no que incumbe aos nomes de mulleres.
Pedimos a asistencia dos veciños para apoiar a nosa petición





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



