BURELA .- O próximo sábado ás 12:00 no salón de conferencias de Burela (Antiga biblioteca) o Colectivo Cultural Buril organizará unha mesa redonda para tratar o tema do aborto. A mesa de debate contará coa presenza de destacadas representantes do PSdG-PSOE e do BNG. Polo primeiro falará Laura Seara e polo segundo Tereixa Novo. Así mesmo tamén participará na mesa redonda facendo unha contextualización de cal é a situación actual en relación ao aborto a avogada Luisa González. A moderadora do acto será a xornalista, intérprete, tradutora, revisora lingüística e investigadora Olga Castro.
Debate en Burela sobre a Lei do aborto organizada polo CC Buril
Relacionado
-
O PP esixirá explicacións a Tomé para que cumpra co Concello de Xove o acordado co anterior goberno da Deputación para pasar a titularidade das vías provinciais ao municipio
-
Comezan as obras de substitución do colector de saneamento na Avenida de Galicia de Viveiro
-
O BNG denuncia a falta de publicidade e transparencia do Concello de Riotorto na selección de persoal