Nota de Prensa
Decenas de tripulantes de embarcacións pesqueiras achéganse ata as oficinas de atención ao cidadán do Partido Popular en Viveiro e Ribadeo para dar conta do seu malestar polo funcionamento incorrecto dos servizos médicos do Instituto Social da Mariña na nosa comarca
O PP CONSTATA ATRASOS DE ATA TRES MESES NAS CITAS DOS RECOÑECEMENTOS MÉDICOS DOS MARIÑEIROS NO ISM
• Os solicitantes que a través do teléfono están a pedir a súa cita estes días viron como o ISM as postergaba ata finais de xuño ou incluso xullo.
• En ocasións a necesidade de efectuar unha analítica sanguínea entre 4 e 3 días antes do recoñecemento, implica que os mariñeiros perden unha marea, obrigados a permanecer en terra.
• O voceiro de asuntos do Mar do PP quixo facerse eco desta problemática e presentou varias iniciativas na Cámara autonómica a través das que reclama ao Goberno central que reforce os servizos médicos do ISM na Mariña.
A Mariña, 08 de maio de 2009.- Segundo explicou o voceiro do Mar do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol, cada vez son máis os tripulantes de embarcacións pesqueiras que se están a achegar ata as oficinas parlamentarias que os populares teñen á disposición dos cidadáns nas súas sedes de Viveiro e Ribadeo para dar conta de importantes demoras á hora de acceder aos recoñecementos médicos que o Instituto Social da Mariña (ISM) ten a obriga de efectuar, de xeito periódico, ás xentes do mundo do mar. O PP constatou atrasos de ata tres meses para obter cita cos profesionais da medicina que deben desenvolver estes recoñecementos unha situación que actúa en prexuízo dos traballadores embarcados e que, en moitas ocasións, altera os plans de traballo e saída ao mar dos propios mariñeiros.
Moitos dos tripulantes de embarcacións pesqueiras que ao longo dos últimos días solicitaron cita telefónica para poder efectuar o preceptivo recoñecemento médico viron como desde o ISM se lles postergaba ata datas de finais de xuño ou incluso do mos de xullo. A esta eventualidade temos que engadir que en moitos casos con carácter previo ás probas do recoñecemento é preciso efectuar unha analítica de sangue. Esta ten lugar entre 4 e 3 días antes da data do recoñecemento, o que obriga a moitos mariñeiros a perder unha marea, permanecer en terra e, polo tanto, implica importantes prexuízos persoais e de índole económico, nun sector fortemente afectado pola crise e, polo tanto, onde este tipo de perdas non ten ningún sentido.
RECOÑECEMENTOS MÉDICOS PRECEPTIVOS
Segundo establece a lexislación vixente os médicos da sanidade marítima teñen a obriga de efectuar unha serie de recoñecementos preceptivos e, polo tanto obrigatorios, con carácter previo a que os mariñeiros e demais tripulantes pesqueiros embarquen. Estas probas que veñen a verificar o estado de saúde das xentes do mar, se están a levar a cabo nas localidades de Burela e Celerio.
INICIATIVAS NA CÁMARA AUTONÓMICA
Esta non é a primeira que o Partido Popular se fai eco do malestar do sector. Xa no pasado esta formación política reclamou ao Goberno central que reforzara os servizos médicos do ISM na Mariña lucense. Nesta ocasión o voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol adianta o propósito de presentar varias iniciativas na Cámara autonómica co obxecto de reclamar á administración do Estado que corrixa con urxencia esta situación e proceda a desenvolver as xestións oportunas para que non se dean estas excesivas demoras.






















Agradeceu á Agrupación Hijos de Galicia e ao Ayuntamiento a súa acollida e puxo en valor o papel da emigración como embaixadora da vila. Rouco convidou a descubrir Vilalba e a súa identidade cultural e gastronómica, destacando produtos como o Queixo San Simón da Costa ou o Capón de Vilalba. Durante toda a fin de semana, a vila contará cun espazo propio na Praza do Kasko para promocionar os seus atractivos turísticos e reforzar a súa proxección fóra de Galicia.
Ao acto acudiron, entre outros, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a deputada autonómica Cristina Sanz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como directivos do RCNR. Ademais a bandeira oficial de Ribadeo xa loce no peirao.
Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



