BARREIROS (FNC).- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asinou hoxe parte dos contratos para a realización das obras con cargo ó fondo estatal de inversión. O rexedor sinalou que “hoxe procedemos á firma de dous contratos dos catro que adxudicamos para as obras do fondo estatal por importe de 574.000 euros. Hoxe firmamos a segunda fase da praza do Souto en San Miguel de Reinante así como a pasarela que se vai a colocar entre o Concello e a casa do médico para poder adaptar todas as dependencias municipais ás persoas con minusvalías, xa que un minusválido non podía acceder por exemplo ao salón de plenos e agora sí que poderá facelo”. Fuente Parga engadiu que “tamén se firmou o acondicionamento do local social de Cabarcos para servicios municipais e para os veciños daquela zona e mañá firmaremos a obra do saneamento de San Miguel de Reinante e Benquerencia, e así se completará o importe total do fondo estatal concedido a este concello”.
O alcalde de Barreiros manifestou que “temos quince días para facer as actas de replanteo e conto que no prazo dun mes as obras se estarán iniciando. Esto é unha boa noticia para Barreiros, e nalgúns casos estamos a falar coa empresa para que a obra en cuestión estea xa rematada de cara a este verán”.
O alcalde de Barreiros calcula que as obras do Fondo Estatal se inicien no prazo dun mes

O alcalde de Barreiros calcula que as obras do Fondo Estatal se inicien no prazo dun mes
Relacionado
-
Remataron en Ribadeo os traballos realizados na zona de Recarei e nas rúas do Cemiterio e Irmáns Moreno Ulloa
-
En defensa dos pacientes da Mariña, día 12: “Non podemos permitir que o dereito á saúde sexa convertido nun luxo. É un dereito fundamental e temos que defendelo”
-
A Deputación avanza nas obras da estrada provincial que une Meira e Riotorto desde Riocabo ás Rodrigas