Durante toda a semana houbo mobilizacións diarias de persoal e material dende os diferentes parques provinciais, así como contactos coa Conselleira de Medio Rural, tanto por escrito como por vía telefónica para materializar estas colaboracións
Lugo, 16 de agosto de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo e Presidente do Consorcio Provincial de Bombeiros, José Tomé Roca, mobilizou un operativo para apoiar a loita contra os incendios que estes días arrasan con especial virulencia a provincia de Ourense. Nesta xornada, sábado 16 de agosto, anunciou Tomé Roca que se despregaron tres bombas nodrizas pesadas, catro vehículos de mando e trece efectivos, dos cales un sarxento permanece no parque de Monforte de Lemos coordinando o dispositivo e servindo de enlace co Centro de Coordinación Provincial de Loita contra Incendios (Cecopi), quen dirixe e organiza o operativo autonómico.
O mandatario provincial explicou que este despregue se enmarca nunha colaboración coa Xunta de Galicia, que se mantivo ao longo de toda a semana tanto por escrito como mediante comunicacións telefónicas coa Conselleira de Medio Rural. “O Consorcio está á disposición do Cecopi, que é quen marca as necesidades en cada momento, e a nosa vontade é colaborar, achegando medios e persoal para combater o lume onde máis falta fai”, subliñou, ao tempo que detallou que se actúa sempre seguindo as indicacións que marcan as autoridades competentes e adapta os seus dispositivos ás necesidades que se determinen en cada momento.
Tomé Roca informa que xa se mobilizaron efectivos, bombas nodrizas e vehículos de mando todos os días dende este martes procedentes dos parques de Monforte de Lemos, Chantada, Vilalba, Viveiro, Barreiros e Sarria. Este venres, por exemplo, estiveron traballando na zona afectada tres bombas nodrizas, dous vehículos de mando e once efectivos, permanecendo un sarxento en base para labores de coordinación.
O Presidente traslada unha mensaxe de apoio ás persoas afectadas: “Estamos ante unha vaga de incendios devastadora, que deixa dor, perdas e destrución. Quero expresar toda a solidariedade da provincia de Lugo coa veciñanza de Ourense e recoñecer o esforzo titánico de bombeiros, brigadistas, UME, forzas de seguridade, voluntarios e veciños e veciñas que loitan día e noite para salvar vidas e protexer o territorio”.
Ademais, reclama que se investiguen a fondo as causas e se actúe con firmeza contra quen estea detrás desta traxedia: “Se hai man do home nestes lumes, estamos ante un acto criminal intolerable. Galicia non pode permitir que quede impune. Quen provoca un incendio forestal está a atentar contra a vida das persoas e contra o futuro do noso país, e debe responder ante a xustiza”.
Así mesmo, o Presidente quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade á provincia de Lugo: “Estamos a enviar medios para apoiar onde máis falta fan, pero facémolo asegurando que os parques da provincia sigan contando con persoal operativo para atender calquera emerxencia. Seguiremos colaborando todo o tempo que sexa necesario, con responsabilidade, solidariedade e co compromiso absoluto de protexer ás persoas, ás vivendas e ao noso patrimonio natural”.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



