RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo celebrará o día das Letras Galegas con dúas actividades. Por unha banda, mañá ás 20:30 horas terá lugar o concerto organizado en colaboración con Amadores da Música e coa Banda Municipal de Ribadeo. Será no Auditorio Hernán Naval con entrada gratuita. A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, convida “a todas as persoas que o desexen a que acudan a esta cita musical de mañá”.
E o domingo 17 en todas as pastelerías, panaderías, quioscos e librerías “cando a xente vaia facer as súas compras ao longo desa mañá van encontrarse cunha tarxeta ou folleto informativo sobre a persoa á que se adican este ano as Letras Galegas, é dicir sobre Ramón Piñeiro. Desde Normalización Lingüística e desde o Concellaría de Cultura fixemos este folleto tratando de dar a coñecer a figura de Piñeiro, con algo da súa vida, da súa formación e demáis…”, segue a contar a edil nacionalista.
Mariluz Álvarez Lastra tamén lembra outra cita musical para hoxe venres que se enmarca dentro do ciclo Máis preto de ti “co que pretendemos achegar a actividade cultural ás parroquias”. Trátase da actuación do coro do Colexio Sagrado Corazón prevista para as 20:00 horas deste venres na igrexa da Devesa.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



