NOTA DE PRENSA
O GPPP ACUSA A BESTEIRO DE DARLLE AS COSTAS ÓS GANDEIROS
* Os populares critican que o Presidente da Deputación rexeitara sempre todas as iniciativas encamiñadas a defender, potenciar ou axudar ó sector primario, incluso a instar a outras administracións a facelo, e que agora, pola contra, apremie á Xunta a tomar medidas
Lugo, a 18 de maio de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular amosou hoxe a súa satisfacción porque o Presidente da Deputación de Lugo recoñeza aberta e públicamente o valor estratéxico que para esta provincia ten o sector primario e a necesidade de que as distintas institucións e os diferentes axentes sociais se impliquen, de xeito conxunto, na defensa dos seus intereses.
Lamentan, sen embargo, os populares que a clarividencia da que fai gala agora José Ramón Gómez Besteiro para coa situación na que se atopa o sector lácteo non se tivera manifestado con antelación e que esa sensibilidade e disposición á colaboración entre as distintas administracións da que agora se fixo ferviente defensor brilara, non hai moito tempo, pola súa ausencia.
Lembran dende o GPPP que a Deputación de Lugo deu sempre as costas ó sector primario e que todas e cada unha das iniciativas plantexadas neste senso polo Partido Popular foron rexeitadas por socialistas e nacionalistas.
Para os populares este cambio de actitude expresado por Gómez Besteiro pon de manifesto que antepón os intereses partidistas á defensa dos intereses da provincia e dos seus cidadáns.
Así, segundo salientan, a Deputación de Lugo non só se negou a poñer en marcha calquer medida ou acción directa encamiñada a mellorar ou facilitar a recuperación económica das explotacións gandeiras, na súa dobre vertente de producción cárnica ou leiteira, e incluso do sector pesqueiro, senón que tamén se negou a instar ás outras administracións competentes nesta materia, á propia Xunta de Galicia e ó Goberno central, a que o fixeran.
O GPPP detecta neste cambio de actitude manifestado por Gómez Besteiro un intento frustrado por zafarse da súa responsabilidade e, xa de paso, instar á Xunta, agora si, a que se implique na busca de solucións a este problema. É unha magoa, recalcan os populares, que desaproveitara a ocasión de poñer en práctica o que neste intre parece ter tan claro cando gobernaban os seus compañeiros na Xunta de Galicia porque, deste xeito, non se tería perdido tanto tempo e quizais a situación actual non resultara ser tan crítica e dramática e as consecuencias foran menos graves.
En calquera caso, segundo explican dende o PP, o Presidente da Deputación de Lugo non debe albergar ningunha dúbida sobre a implicación da Xunta de Galicia, e nomeadamente do Presidente Alberto Núñez Feijoo e do conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez, na busca de solucións a este problema; e un bo precedente e, segundo indicaron, o feito de que xa hai riba da mesa un paquete de medidas encamiñadas a lograr ese obxectivo.
Dende o GPPP apremian, unha vez máis, a Gómez Besteiro a traballar máis pola provincia de Lugo e a antepoñer os intereses xerais dos lucenses os seus propios. De facelo así, segundo suliñan, non terá que verse obrigado a facer malabarismos para tentar xustificar a súa neglixencia ou a súa desidía no cumplimento das súas funcións como Presidente da Deputación.



















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



