BURELA (FNC) .- No pleno ordinario que se celebrará xoves ás 20:00 horas someteráse a aprobación a creación dunha comisión encargada de valorar e premiar ós solares e hortas do concello que estean mellor cuidados, así como o nomeamento dos membros que formarán parte dela. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, sinala que “o que queremos é motivar ós nosos veciños a que cuiden o máximo posible os seus solares e as súas hortas. Moitas veces póñense en marcha medidas coercitivas para obrigar a que eses terreos estean limpos, peor tamén hai que procurar motivar á xente a que faga estas cousas de xeito agradable e que contribúa a que Burela estea máis guapa, máis atractiva e que incluso forme parte dunha paisaxe que indica que estamos preocupados polo medio ambiente”.
Llano engade que “pensamos que é unha medida moi positiva para que a xente teña os seus solares e hortas en bó estado. Hai veciños de Burela que teñen convertidos eses terreos en auténticos xardíns e entón hai que darlles un recoñecemento social e que esto serva para que outros procuren facer o mesmo e así teñamos un pobo cuidado e atractivo e tamén evitamos problemas de lixo, de falla de hixiene…”.
Da comisión formarán parte a concelleira de Medio Ambiente, o concelleiro de Turismo, os técnicos de Medio Ambiente e un representante de cada partido político como mínimo que “se encargarán de valorar e de establecer que tipo de axudas ou recoñecementos se poden conceder ós veciños, ainda que o máis importante será motivalos e recoñercer a labor que están a facer para que sexan tanto paisaxística como medioambientalmente moi atractivas. Imos ver que resultado da que agardemos que sexa bó”.
Outro dos asuntos que vai ó pleno é a adhesión do Concello de Burela ó convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestión de residuos de aparatos electrónicos e eléctricos. Alfredo Llano explica que “se trata de favorecer a recollida deste tipo de aparatos por parte das tendas e dos comercios que os venden unha vez que éstes se estropean, porque teñen a obriga de envialos a unha pranta de tratamento. Con esta medida preténdese que os concellos favorezcan que este proceso se realice dun xeito controlado e con garantías de que se está a facer ben”.
No pleno de mañá tamén se someterán a aprobación varias mocións, entre as que figura a presentada polo bipartito que demanda a dotación dunha matrona para o centro de saúde de Burela.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



