NOTA DE PRENSA:
Para completar a información relativa á ofensiva do PPdeG sobre a dotación de efectivos na Sede da Garda Civil do Mar adxunto remito resposta oficial da Xunta de Galicia
· A Xunta ten constancia da situación de evidente desprotección nos recursos de vixilancia na costa norte lucense.
· Nese senso reclama o cumprimento do compromiso do Goberno de Zapatero de poñer en marcha o servizo marítimo da Benemérita na localidade de Viveiro.
· A Xunta descoñece as razón do atraso e da inoperancia efectiva dun servizo planificado e comprometido polo Goberno central en 2005
· O Goberno de Feijóo afirma que se trata dun servizo “absolutamente necesario” para garantir a seguridade da costa e impedir a entrada de fluxos de narcotráfico e delincuencia organizada