RIBADEO .- Pasadas as seis desta mañá apareceu unha barricada de neumáticos ardendo na autovía do Cantábrico ao seu paso polo municipio de Ribadeo, concretamente na Ponte dos Santos. O tráfico en ambos os sentidos estivo cortado durante unha hora e desviouse a circulación por Vegadeo, a través das estradas nacionais 640 e 642. A Garda Civil está intentado pescudar quen foron os autores dos feitos, aínda que se sospeita que puido tratarse dun acto de protesta de traballadores dunha empresa metalúrgica asturiana.
Unha barricada de neumáticos ardendo na Ponte dos Santos cortou a circulación pola A8 en Ribadeo
Unha barricada de neumáticos ardendo na Ponte dos Santos cortou a circulación pola A8 en Ribadeo
Relacionado
-
O PP de Muras esixe ao alcalde “explicacións” sobre as medidas adoptadas ante os danos na aldea etnográfica de Carelle
-
A Deputación inicia obras na estrada LU-P-5207 que une o núcleo urbano de Ribadeo con Vilela
-
Por Viveiro pide a construción dun parque infantil cuberto e melloras na accesibilidade da beirarrúa na LU-540, en Xunqueira