RIBADEO (FNC) .- Hoxe comeza a súa andaina a V edición do Festival On&Off reconvertido este ano en OFestivalON. Desde hoxe martes e ata o sábado 1 de terá lugar a gravación das curtas A toda mecha. Este ano gravaranse tres, Placebo de Andreia Táboas e Ana Belén Diz, Favores en cadea de José María Picón e Para mariñeiros nós de Omar Rabuñal. Durante todo o día, o xoves, venres e sábado, o Cine Teatro proxectará diversas curtas e as noites estarán adicadas á sesión ó aire libre. O sábado será a gala de premios ás 22.30 horas e despois haberá un concerto de jazz. Os máis pequenos tamén terán a súa sección, o venres ás 20.30 horas na Praza da Música haberá teatro infantil con Migallas e o sábado durante todo o día estará no Cantón dos Moreno o obradoiro de Stop Motion A caixiña de mistos.
Xoán Mariño, responsable de Mr. Misto Films explicaba que “este ano celebramos o lustro deste festival que non é fácil. Un proxecto que naceu dunha maneira modesta e que agora ten unha presencia moi importante na vila pero máis sorprendente é a que ten en todo o mundo. Chegáronnos 500 curtas, para poder participar, dos cinco continentes e de todo tipo de condicións, chegan dende principio de ano… ten unha presencia internacional importante que nos sorprende. É un proxecto pequeno que ten tanta difusión fóra que estamos moi orgullosos disto”.
Mariño comentou que “OFestivalON seguirá un pouco a tónica doutros anos. Hai unha sección oficial con traballos de índole internacional con moita calidade, e tamén pezas locais de xente de aquí. Vemos que se está producindo con moi bó nivel en Galicia e vemos que hai xente con ganas de traballar nisto, eso é moi importante. Ademais, seguimos un pouco na liña da creación con A toda mecha e se hai algo distintivo deste festival con respecto a outros da península, salvo en Las Palmas, é que non é moi normal que se produzan traballos no propio seo do festival, isto é o buque insignia do noso proxecto. Con A toda mecha, vanse grabar tres pelis, tres curtas, duas ficcións e un documental, e a partires de hoxe martes xa estará a xente na rúa con cámaras. Isto, como sabemos doutras edicións, anima moito, causa bastante colorido, e Ribadeo convértese nun pequeno plató. É moi interesante ver como se traballa detrás das cámaras, para o espectador e para o público en xeral que está agora de vacacións. É bastante atractivo ver como se fan as pelis, como se fai un casting, etc”.
O responsable da empresa audiovisual afirmou que “este ano son 30 persoas as que están grabando as súas curtas, xa empezan hoxe a funcionar. Esta sección o ano pasado moveu a case 200 persoas foi un volumen de traballo bastante grande. A acollida, ao reducir a sección a 30 persoas tamén pode variar. O ano pasado pasaron polo festival 2.000 persoas, que non é cousa fácil, e eu creo que como hai estas proxeccións ao aire libre nas que ás veces temos un público de paso, gáñase público. Ademáis diso, hai unha programación infantil bastante chula, entre o teatro programado polo Concello e a Caixiña dos mistos, caravana con proxeccións para nenos durante todo o día, e obradoiros, penso que teremos uns 3.000 espectadores este ano”.
Xoán Mariño sinalou que “o máis curioso é ver a unha persoa que coñecemos e que tratamos todos os días que de repente está nunha pantalla de proxección, nunha peli ben contada. Convértese dun día para outro nun actor, nun artista, é o grande que ten esta historia: poder traballar dunha maneira totalmente amateur, dar o paso de participar nunha historia contada dunha maneira audiovisual. Eu creo que é das cousas máis sorprendentes, de feito, nas sesións onde se proxecta con xente de aquí é así, o ano pasado no Cine Teatro tivemos que facer outra sesión porque se saturou de xente, é moi agradecido neste sentido. A socialización da xente amateur cos profesionais e despois poderse ver na pantalla do cine é un soño cumprido que está moi ben, e que é moi gratificante. É un elemento socializador, participativo, ó final non somos xente pasiva que sentamos nun cine. Con este evento facemos que o público participe tamén activamente”.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



