NOTA DE PRENSA
O GPPP alerta de que Besteiro pode incurrir en responsabilidades por permitir que haxa unha perda patrimonial na Deputación
* Barcia acusa a Gato de mentir porque as preguntas do pleno do pasado martes presentáronse “en tempo e forma” e instao a recoñecer que xa existían dous informes técnicos de xaneiro e febreiro de este ano sobre a situación na que se atopaba a Residencia Miño
* Os populares consideran que a negativa do Presidente a dar explicacións fai sospeitar que ten algo que ocultar
Lugo, a 3 de xullo de 2009.- As preguntas presentadas polo GPPP no pleno do pasado martes foron rexistradas “en tempo e forma” na Deputación, concretamente un día antes da celebración da reunión da corporación provincial.
Así o asegurou hoxe o voceiro adxunto dos populares José María González Barcia en resposta ás “mentiras” manifestadas polo voceiro dos socialistas Antonio Gato. Engadindo, ademais, que é a primeira vez que o Presidente José Ramón Gómez Besteiro elude respostar no pleno ás cuestións plantexadas dende a oposición e que por regra xeral, ademais, sempre se rexistran o día antes da súa celebración.
Reitera o voceiro adxunto dos populares que o feito de que o máximo responsable da Deputación non queira dar conta do estado no que se atopa o patrimonio da institución o que denota é que hai algo que ocultar porque “aquí prodúxose claramente unha deixadez de funcións” e alerta de que o Presidente Besteiro “pode incurrir en responsabilidades por permitir unha perda patrimonial dos bens de propiedade provincial”.
Para Barcia o que debería facer o Sr. Gato, “na vez de xusitificar o inxustificable”, é explicar por qué razón non se recoñece a existencia é non se dá conta dos dous informes realizados por técnicos da administración provincial sobre a situación da Residencia Miño con data de xaneiro e febreiro, respectivamente, de este ano.
Situación parecida ó caso da anulación dos proxectos de construcción dos ascensores nas casas consistoriais de Lourenzá e Mondoñedo, que foi un asunto abordado na xunta de goberno de 24 de abril á que asistiu o propio Besteiro.
Por todo esto, na opinión de González Barcia “o Sr. Gato amosa unha total falta de rigor sempre que abre a boca, incluso cando tenta dar leccións de responsabilidade”. Así, o voceiro adxunto dos populares suliña que “cando non podo asistir a unha reunión aviso desa imposibilidade con tempo suficiente”; algo que, segundo recalca, non fixo o Sr. Gato cando o pasado luns “non se presentou nin disculpou a súa ausencia” nunha xuntanza convocada para abordar precisamente o regulamento que rexirá o funcionamento da Deputación e que por tal motivo non puido celebrarse.





















Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



