Ribadeo, 2 de outubro de 2026. Ribadeo inviste 50.000 euros na mellora do local social de Arante, grazas ás xestións realizadas coa Xunta de Galicia. Deste xeito quedará preparado para acoller a celebración de diferentes actividades.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “dentro das inversións que ten o Plan Avanza Rural está tamén a mellora dos locais sociais e nosoutros defendemos e apostamos porque todos os locais sociais deben ser mellorados. Neste caso actuamos en Arante, estamos xa desmontando toda a cuberta, que é de placa de fibrocemento, de uralita, estaba realmente moi desgastada, chovía dentro e iso evidentemente tiña consecuencias moi negativas nos veciños porque era difícil realizar actividades”.
O rexedor indicou que “toda a demolición da cuberta xa se ficho e agora o que se vai a facer é poñer a cuberta de pizarra, vanse colocar novas vigas de madeira e colocación tamén para a recollida de augas de canalón e tamén vamos actuar dentro. Vamos colocar unha tarima flotante porque esa placa que había estaba certamente desgastada, tiña consecuencias e incluso moitas persoas escorregaban e nosoutros esas situacións non as queremos ver, queremos actuar antes de que pasen tamén certas problemáticas, porque en Arante ata o de agora non había actividades de Preto de Ti, pero agora xa contamos cun número importante e para acoller ás persoas deben estar as instalacións en perfecto estado”.
Vega dixo que “con estes 50.000 euros que xestionamos na Xunta de Galicia seguimos investindo, seguiremos investindo en todas e cada unha das parroquias, agora actuamos en Arante, pero tamén estamos actuando noutras que nos próximos días explicaremos. Polo tanto, nova xestión, nova inversión neste caso para mellorar un local social para seguir acollendo as actividades”.


























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



