RIBADEO (FNC) .- ACISA e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo móstranse indignados coas previsións do tempo que dan a diario as cadeas de televisión estatal “porque sempre nos colocan unha nube encima que nos está facendo un dano tremendo”. Hostaleiros e comerciantes lamentan esta situación “xa que nos inflúe negativamente nas reservas que se poidan facer estes días e como consecuencia tamén nas vendas e non están os tempos como para permitirse estes luxos”.
ACISA e CCA din estar fartos “dunha situación que se repite ano tras ano, parece que o bo tempo só está no sur, no Levante e nas illas. Hai que dicirlles aos que elaboran esas previsións que en Ribadeo e na costa de Lugo tamén temos días de sol e de calor como puideron comprobar os que xa iniciaron as súas vacacións connosco ao longo desta semana. As temperaturas son máis suaves que noutras zonas de España, pero temos praias preciosas, unha gastronomía exquisita e a hostalería está desexando atender como se merece a quen elixen este municipio e esta comarca para pasar as súas vacacións”.
Comerciantes e hostaleiros piden “o mesmo trato para o norte que o que reciben outras zonas de España. Estes días estamos vendo conexións en directo sobre a calor bochornosa que están sufrindo algúns puntos do país e o martes en Ribadeo á sombra chegamos aos 27 graos de temperatura e ao sol os termómetros superaron os 30. Esa información tamén é noticia non”. As zonas turísticas queremos traballar, pero hai que recordar que o noso forte é o verán e queremos que conten a verdade sobre o tempo. As previsións que nós manexamos fannos pensar en que teremos un bo fin de semana, sen choiva”.
Desde ACISA e CCA enviarán unha carta ás televisións para facerlles chegar as súas queixas e informais do descontento existente entre o sector.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



