RIBADEO (FNC) .- No pleno celebrado onte no Concello de Ribadeo quedaron aprobados os orzamentos municipais para 2009 que se achegan aos nove millóns de euros. O BNG votou a favor, en contra UPRI e abstivéronse PP e PSOE. O alcalde, Fernando Suárez, sinalou hoxe que “polo transcurso do debate todo apuntaba a que lamentablemente non puideran saír adiante. Debo valorar de xeito positivo e públicamente tanto a postura do PSOE e do PP por saber estar á altura nun momento tan importante para Ribadeo e incluso por poñer a Ribadeo por enriba dos intereses partidarios, dado que ainda non contando co voto favorable deles sí que coa súa abstención permitiron que os votos favorables do BNG puideran cos votos en contra de UPRI e que así os orzamentos saisen adiante”.
Suárez Barcia suliñou que “o feito de que Ribadeo poida contar cun presuposto aprobado e vixente do ano 2009 lle vai dar un impulso fundamental a unha serie de infraestructuras que doutro xeito se perderían, dado que nos presupostos prorrogados as inversión non se poden prorrogar e unha serie de rúas, tal e como citei no pleno, quedarían sin a parte afectada pola financiación municipal. Sería o caso das rúas Villandrando, San Francisco (o tramo que queda pendente) e poderíamos poñer en serio perigo o núcleo de sostibilidade, concedido a este concello xunto a outros poucos máis o ano pasado, e que contempla a dotación de paneis solares na piscina municipal de Ribadeo. Ou incluso podería poñerse en perigo a propia continuidade do servizo de axuda a domicilio, despois das reiteradas advertencias que nos teñen feito desde a intervención do Concello de que debéramos ter o presuposto aprobado”.
O rexedor engadiu que “debo dicir a todos os grupos, tanto a UPRI que non votou a favor do presuposto, como a PSOE e a PP, que tentamos acomodar unha parte importante das súas esixencias neste presuposto para que tiveran o seu voto favorable. Moitas das proposicións que nos fixeron estes grupos foron admitidas e as que non puideron ser así foron explicadas moi polo muido, e sempre deixando marxe de colaboración no futuro para ir dándolle cabida a cousas de obras que poidamos meter en futuros plans, en futuros exercizos e en todo caso sobre todo para que non se perda nin un só céntimo de inversión pública xustamente neste momento que tan necesario é para o noso concello”.
Fernando Suárez contou que “eu unha vez que o presuposto foi para adiante reiteréilles tanto a PP e a PSOE o meu compromiso e o do meu goberno municipal para tentar sacar adiante algunhas cuestións que nos pedían. O PSOE plantexóunos asuntos relativos á rede semafórica, a petición dun ascensor para o Concello, a inclusión no próximo ARI da rúa Muralla… cuestións que contarán co noso apoio. E o PP pedíunos que no próximo plan da Deputación de obras e servizos se acometan unhas infraestructuras de camiños rurais e teñen a nosa garantía de que así será, e no tema da RPT do persoal teñen a nosa garantía de que negociaremos con ánimo e con vontade de chegar a acordos cos sindicatos do Concello de Ribadeo, eso sí eles teñen que plantexar propostas que poidamos discutir para poder acordar, pero o compromiso do goberno téñeno desde logo”.
Acordos por unanimidade
Na sesión plenaria celebrada onte, que se prolongou por espazo dunhas catro horas, foi aprobado por unanimiadade o regulamento do servizo de axuda no fogar “que hai que adaptar a unha nova normativa da Xunta que regula o método de acceso, tamén as prestacións e finalmente o que nos parece máis importante é o cobro do servizo para os usuarios que terá uns tramos económicos axustados á capacidade económica dos mesmos, co cal mellorarán sustancialmente”, segundo explica o alcalde de Ribadeo.
Fernando Suárez comentou que tamén se aprobou por unanimidade a xestión indirecta do servizo de Xantar sobre rodas que pasará a chamarse Xantar na casa e que pasará de prestalo directamente o Concello a ser xestionado polo Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar. O rexedor sinalou que “vai supoñer o mesmo funcionamento que tiña ata o de agora, pero implicará un abaratamento do servizo xa que os usuarios van pagar unha cantidade fixa de 1’84 euros por menú o cal é notablemente inferior, ainda que o Concello pagará unha cantidade superior á que viña abonando. Esta era unha proposta que data do anterior goberno da Xunta e que eu por prudencia na época de cambio non quixen sometelo a pleno e agora co goberno xa asentado decidimos metelo a pleno e foi adiante. Esto redundará na economía dos usuarios deste servizo”.
O pleno tamén aprobou por unanimidade onte pedirlle a Paradores de Turismo de España S.A a cesión ao Concello dun anaco de terreo do seu aparcamento para darlle continuidade á beirarrúa da rúa Alza que rematará na confluencia coa Avenida de Asturias.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



