BURELA (FNC) .- A Delegación de Turismo de Burela da conta das axudas que publicou o DOG hai uns días destinadas ao emprendemento feminino (Programa EMEGA) e tamén á empresa privada para a creación e mellora de establecementos turísticos.
José González Legazpi sinala que “resulta destacable na resolución que recolle as axudas destinadas ao emprendemento femenino, a importancia que representan os programas de estímulo ás mulleres emprendedoras, apoiándoas mediante a concesión dunha serie de partidas económicas para que se establezan como empresarias e deste xeito acaden a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo, determinando os fundamentos básicos desta resolución que recolle as bases que regulan as Axudas deste programa EMEGA, e que posiblemente cobran especial relevancia nun momento de crise económica como o actual. Desenvolve estas resolucións o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller”.
O edil nacionalista engade e destaca que “de igual modo e con fundamentación na dinamización das distintas comunidades rurais no senso de revitalizar o turismo neste medio e de fomentar de modo xeral alternativas de investimento que determinen a potenciacion do sector turístico como relevante e mesmo xerador de novos postos de traballo, así como do incremento das rendas familiares, esta orde establece distinta opcións de axudas destinadas ao investimento e mellora de establecementos turístico para empresa privadas en réxime de concorrencia competitiva”.
Segundo dispoñen as referidas ordes e resolucións o prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de septembro. As entidades ou persoas que se atopen interesadas en coñecer estas medidas poden informarse na propia Axencia de Desenvolvemento Municipal ou no Concello de Burela dentro dos prazos que se determinan nas reseñadas convocatorias.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



