RIBADEO (FNC) .- O presidente do Clube Náutico de Ribadeo, Mario Coto, amosouse moi satisfeito do desenvolvemento que está a ter a XIX Semana Náutica. Trala boa experiencia da saída da Volta a Galicia e a Regata Transgascogne, o mércores día 5, o Clube tivo que plantexarse a suspensión da tradicional zalea a Abres por mor das condicións meteorolóxicas.
Mario Coto explicou que “o mércores, o tempo comportouse fatal, estaba prevista a tradicional zalea a Abres, tódalas embarcacións, os barcos de apoio do clube, os coches coa comida e as bebidas estaban listos e ás 15.00 horas desistimos e pensamos que os pinchos que tiñamos preparados se poderían comer na carpa que temos instalada no porto deportivo a partires das 17.00 da tarde tal e como se faría alí en Abres. Como aviso puxemos un cartel no clube. Como foi así, seguramente non lles chegou a tódolos socios o aviso, pero eu estaba seguro que co tempo que estaba non apetecía ir. Non quero que ninguén pense que non tiñamos nada preparado, todo estaba organizado e así se demostrou”.
Mario Coto destacou a conferencia que pronunciou o regatista internacional Antonio Cuervas Mons sobre o mundo da vela e a súa experiencia como componente do equipo de Telefónica-Movistar. Coto suliñou que “a presentación que nos veu facer Antonio Cuervas, que nos veu ensinar como se navega nos mundos desa vela internacional, tivo moito éxito. Eu quedei moi satisfeito coa charla, houbo moitísima xente e no acto entregámoslle a insignia de ouro do Clube Náutico e outro agasallo máis. Non contábamos ter tanta xente e foi un acto moi emocionante para todos e tamén para os seus avós alí presentes”.
O resto do programa desta semana céntrase na presentación do libro As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro, Ortegal e A Mariña de Lugo, que terá lugar hoxe ás 20.00h no Clube Náutico. O sábado, día 8, ás 11.00 horas será a saída da segunda etapa da Transgascogne. E o domingo 9 de agosto; ás 18.00 da tarde, celebrarase o X Trofeo Deputación de Lugo de botes a vela da ría; ás 20.30 será a entrega de trofeos da Semana Náutica e ás 21.00 horas comenzará a cea-festa coa que concluirá a intensa axenda desenvolvida dende o pasado 31 de xullo.
Mario Coto lembrou que “o máis destacado do final desta Semana Náutica é a cea-festa para tódolos socios. Será no auditorio aberto de Cabanela, teremos alí unha carpa, actuará a Coral Polifónica de Ribadeo, haberá un pequeno grupo musical para animar a velada e ó final, todos poderemos disfrutar dunha queimada. Espero que haxa un montón de xente, sortearase unha viaxe para duas persoas a Canarias e poderá haber algunha sorpresa máis. Ahí remataremos a nosa Semana Náutica e quero dicir que ata o de agora estamos moi satisfeitos e espero que así se sinta tamén toda a xente do clube, desta directiva, que está facendo un gran esforzo para que todo isto saia ben”.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



