LUGO .- A Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, que depende da Deputación de Lugo, comeza hoxe venres, 11 de setembro, a nova tempada do informativo provincial “Lugo de norte a sur”. Inclúe novos espazos nos que se recollen as opinións e inquedanzas dos cidadáns. O informativo semanal emitirase os venres dentro dos espazos adicados á información local de todas as cadeas de televisión e radio da provincia de Lugo.
NOTA DE PRENSA
O INFORMATIVO PROVINCIAL DA FUNDACIÓN TIC COMEZA HOXE NOVA TEMPADA CON SECCIÓNS ADICADAS Ó CIDADÁN.
– “Lugo de norte a sur”, ofrecerá información provincial en todas as cadeas de radio e televisión da provincia con tres novos espazos enfocados á opinión pública.
– O programa contará coa presenza dun intérprete de lingua de signos, grazas á colaboración da organización lucense de xordos, ALUSOR.
09/09/09. A Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, que depende da Deputación de Lugo, comeza hoxe venres, 11 de setembro, a nova tempada do informativo provincial “Lugo de norte a sur”. Inclúe novos espazos nos que se recollen as opinións e inquedanzas dos cidadáns. O informativo semanal emitirase os venres dentro dos espazos adicados á información local de todas as cadeas de televisión e radio da provincia de Lugo.
O aspecto máis destacable do formato televisivo será a tradución simultánea do contido a través dun intérprete de lingua de signos grazas á colaboración entre a Fundación TIC e a organización da Acción Lucense de Xordos. A Fundación pretende así, eliminar as barreiras de comunicación que sofren as persoas con deficiencia auditiva nos medios televisivos.
Outra das novidades da nova edición televisiva de “Lugo de norte a sur” será a renovación da súa imaxe apostando por un deseño mais actual adaptado ós novos tempos. Ademais, aumentarase de 15 a 24 minutos a súa duración.
Novas seccións “Ti preguntas” e “Ti opinas”
“Lugo de norte a sur” abre a nova tempada con dúas seccións nas que os veciños da provincia serán o fío condutor.
No “Ti preguntas”, cada semana haberá un invitado especial. Un personaxe de relevancia na provincia de Lugo deberá someterse ás preguntas da xente a pé de rúa. Este venres, o programa contará coa presenza do Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, onde dará resposta ás cuestións formuladas polos cidadáns.
“Ti opinas” será a voz dos lucenses. Recolleranse as súas opinións sobre os temas máis actuais do panorama galego. Con estes espazos, a Fundación TIC pretende abrir a comunicación á pluralidade.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



