CERVO .- O Concello de Cervo acometerá a reforma da zona infantil situada no parque Raiña Sofía de San Ciprián, no espazo posterior da Casa do Mar desta localidade. O Goberno municipal informa que o prazo de execución dos traballos de mellora destas instalacións é dunha semana, durante o cal permanecerán pechadas ao uso dos máis pequenos.
Desde o Concello pregan ás familias usuarias desculpas polo trastorno que puidera ocasionarlles estas actuacións e prometen acometelas coa maior celeridade posible. En todo caso, as distintas melloras realizadas contribuirán a garantir unha maior seguridade das instalacións e incrementar a calidade de vida dos veciños e dos nenos e nenas que fan uso deste parque infantil.
O plan de mellora inclúe desde a ampliación do solo de goma e caucho disposto baixo os xoguetes infantís, ata a substitución das randeeiras (aparellos para bambearse por divertimento), así como outras tarefas de mantemento como o pintado do peche perimetral.
























Agradeceu á Agrupación Hijos de Galicia e ao Ayuntamiento a súa acollida e puxo en valor o papel da emigración como embaixadora da vila. Rouco convidou a descubrir Vilalba e a súa identidade cultural e gastronómica, destacando produtos como o Queixo San Simón da Costa ou o Capón de Vilalba. Durante toda a fin de semana, a vila contará cun espazo propio na Praza do Kasko para promocionar os seus atractivos turísticos e reforzar a súa proxección fóra de Galicia.
Ao acto acudiron, entre outros, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a deputada autonómica Cristina Sanz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como directivos do RCNR. Ademais a bandeira oficial de Ribadeo xa loce no peirao.
Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



