Nota de Prensa
O GPPP acusa a Besteiro de derrochar cartos de todos os lucenses.
Os populares piden que lles explique ós parados da provincia canto se gasta no Km0.
O GPPP acusou hoxe ó presidente da Deputación, Gómez Besteiro, de “derrrochador, insolidario e irresponsable”, por poñer en marcha os vós de helicópteros na provincia cando moitos cidadáns lucenses están a vivir serios apuros económicos.
O GPPP considera que Besteiro está actuando últimamente con aires de grandeza e cunha irresponsabilidade tal que está xa rozando o ridículo.
Os populares pídenlle a Besteiro que explique claramente canto custa este servicio para as arcas da Deputación e cal sería a alternativa se eses cartos e esforzos se investirán na vertebración territorial e socioeconómica da provincia. De feito, o GPPP solicitou hoxe os contratos pertinentes coa empresa de helicópteros que prestará o servicio. Non é normal que se despilfarren fondos públicos deste xeito, sexan moitos ou poucos, cando faltan parques empresariais na provincia e moitas actuacións en materia de infraestructuras están paralizadas desde hai dous anos. Precisamente neste campo é onde tiña que poñer o seu máximo interese Besteiro.
O GPPP, que non nega que esta medida podería ser positiva nunha época de bonanza económica de térense resoltos moitos problemas que se plantexan hoxendía, considera que a Deputación de Besteiro derrocha cartos de todos os lucenses con este tipo de actuacións, ó que se lles pode engadir outros dispendios no Km0: adxudicacións de certos servicios dentro deste programa ás mesmas empresas, menús a base de marisco en certas viaxes, etc.
Para o GPPP, Besteiro é insolidario porque debería explicarlle ós cidadáns desta provincia porqué se opón á gratuidade solidaria plantexada pola Xunta para os libros de texto e en troques despilfarra fondos públicos. Non se entende mui ben que o presidente da Deputación demande xustiza social á Xunta e el pola súa banda se encargue de soltar dilapidar os cartos de todos os cidadáns desta provincia polo aire.
E por último, o GPPP considera que xa está ben de autobombo. O que se lle pide ó presidente da Deputación é que goberne e que xestione axeitadamente os cartos de todos os lucenses. Pero Besteiro só busca autopropaganda e para eso usa os medios da propia Deputación de forma exclusiva: a Ribadeo foron as cámaras e os micrófonos da Fundación TIC, que é un patronato que debería adicarse á formación e non á propaganda política do propio Besteiro, e hasta o propio fotógrafo da Deputación, cuestións que nos van ó bolsillo de todos os lucenses. Polo ben da provincia e dos seus veciños, non é mui aconsellable que Besteiro que siga así.
Por último, os populares consideran que Besteiro quere semellarse ó emperador romano Vespasiano, famoso por darlles ós romanos “pan e circo”. Besteiro moito pan non dá, só ós que pensan coma el, pero as súas actuacións, as de Besteiro, son un auténtico circo. A diferencia é que Vespasiano deixou moitas infraestructuras para a posteridade e Besteiro irase deixando a provincia considerablemente peor de como a atopou.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



