NOTA DE PRENSA
O GMPP non apoiará o incremento dos prezos das terrazas dos bares proposto polo alcalde.
Os populares din que non hai ningún informe que a avale.
Tamén presentan unha moción pedindo que o concello fixe protocolos para a Gripe A.
O GMPP de Burela non apoiará a subida dos prezos por ocupación de espacios públicos e terrazas con mesas e sillas, porque considera que non se fixo ningún estudio serio ó respecto e polo tanto non quedan claros os motivos polos que uns bares pagarán máis ca outros por ter mesas e sillas nas aceras.
O PP lembra que a proposta do alcalde, ademais de supoñer un incremento do prezo por metro cadrado por mesas e sillas en terrazas, acarrea que os locales da Praza de A Mariña e os do Paseo Marítimo pagarán un vinte por cento a maiores.
Os populares indican que no expediente non hai ningún tipo de informe que avale a proposta da alcaldía, e fan dudar das verdadeiras intencións do alcalde. Cabe preguntarse porqué se incrementan os prezos das terrazas deses locais e non outros que tamen teñen unha alta ocupación de terrazas durante o verán e fins de semana.
Ademais, os populares presentan unha moción para que o concello fixe un protocolo de actuación en locais municipais e para empregados públicos de cara a paliar os posibles efectos da Gripe A. Ademais, os populares piden que o concello colabore con outras institucións publicas, como centros de ensino, a tal efecto.
Por último, estamos ante unha sesión plenária que pouco ou nada vai afectar á vida municipal e ós cidadáns de Burela. O regulamento dos arquivos vén derivado dunha iniciativa do PP de primeiros de 2007, e que o Bloque tivo parada hasta hai dous meses só por sectarismo. E as iniciativas da Deputación para o aforro enerxético non se vislumbra que teñan bon fin.





















Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



