LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, salientou na rolda de prensa posterior a xuntanza que este venres mantivo cos Alcaldes da Mariña para a certificación medioambiental da praias o esforzo do Goberno Central na ampliación das novas actuacións do Plan E, “xa que os fondos do segundo FEIL están orientados a proxectos medioambientais, tecnolóxicos, e sociais e o ano pasado a infraestruturas”.
O titular do organismo provincial lembrou que a Comunidade recibirá 301 millóns dentro do Plan E, dos que a provincia de Lugo lle corresponden preto de 38,5, e salientou o feito de que o proxecto do Estado favoreza a creación de 12.000 empregos en Galicia. Neste senso, Gómez Besteiro instou á Xunta de Galicia a poñer en marcha un plan semellante, “porque en épocas de bonanza económica hai que impulsar actuación coma esta e habilitar gastos correntes. O 2010 vai ser complicado para todos, tendo en conta que a contribución do Estado á Deputación reducíuse nun 22%, o que supón 20 millóns de euros menos. Ser austeros non é facer nada, senón que hai que reinventar”.
Plan E de 2008
A Deputación subvencionou co 4% os proxectos de obras enmarcados dentro do Plan E de 2008. Pagou o 53% destas actuacións, e está a tramitar o 47% restante. Gómez Besteiro destacou que “o ano pasado, a Deputación tivo unha capacidade de reacción rápida ante o anuncio deste Plan e, en 24 horas, puxemos en marcha un fondo complementario para subvencionar os proxectos. En 2009, o Plan de Zapatero xa contempla facerse cargo do investimento total, polo que na Deputación non temos que adicar fondos a este fin, senón que temos que continuar desenvolvendo actuacións para seguir sendo útiles e estratéxicos”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



