BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, participará o vindeiro xoves en Ribadeo no seminario A Mariña asturlucense: un territorio de cooperación, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela. O evento desenvolveráse no Parador de Turismo do 22 ó 24 de outubro e contará coa participación de medio cento de alumnos. Llano explicou que “o xoves acudirei a Ribadeo á inauguración deste seminario aberto e o venres nós en Burela ímoslles ofrecer unha recepción ós participantes que pasarán polo Concello e despois visitarán o barco museo Reina del Carmen e o porto”.
O alcalde de Burela irá ó seminario A Mariña asturlucense: un territorio de cooperación, que organiza a USC
O alcalde de Burela irá ó seminario A Mariña asturlucense: un territorio de cooperación, que organiza a USC
Relacionado
-
Medio Rural lembra que segue aberto o prazo de matricula nos ciclos ofertados no CFEA Pedro Murias de Ribadeo
-
A Xunta e a OPP-7 Porto de Burela analizan novas liñas de colaboración fronte ao reto da remuda xeracional
-
Aparece con vida un home de avanzada idade que faltaba desde a tarde do sábado en Xove