NOTA DE PRENSA
Así o reflicte a ponencia política aprobada no día de hoxe no XV Congreso provincial despois de que prosperara unha emenda elaborada pola deputada Emma Álvarez Chao
O PP APOSTA POLA CREACIÓN DUN CENTRO TECNOLÓXICO DA MADEIRA NA MARIÑA LUCENSE
* Dependería directamente do CIS e estaría situado na nosa comarca, co obxectivo de potenciar, entre outros, os estudos sobre a utilización dos distintos tipos de madeira na construción e noutros usos.
* A ponencia tamén reflicte o compromiso dos populares lucenses polo apoio á agricultura como un dos piares básicos cara a diversificación do rural e, de xeito especial, na Mariña de Lugo despois de acadar no marco da Unión Europea o recoñecemento da IXP Faba de Lourenzá
* A Mariña lucense xunto á Montaña e a Ribeira Sacra aparecen subliñadas no texto de acción estratéxica dos populares como un “paraxes de grande riqueza medioambiental e gastronómica” prioritarios para a acción turística.
A Mariña, 31 de outubro de 2009.- A ponencia política aprobada no día de hoxe no XV Congreso provincial reflicte varios asuntos de grande interese para a nosa comarca dun xeito especial, despois de que prosperaran varias emendas presentadas a iniciativa da deputada mariñán Emma Álvarez Chao que, deste xeito, contribuíu a enriquecer o texto final.
As liñas programáticas que orientarán a actuación estratéxica dos populares lucenses nos próximos anos inclúen a partir do día de hoxe a elaboración dun estudo para a creación do Centro Tecnolóxico da Madeira dependente do CIS MADEIRA (O Centro de Innovación e Servizos da Madeira). Emma Álvarez Chao propón que este novo centro estea situado no norte da provincia lucense polo potencial forestal que teñen as súas comarcas, e co obxectivo de potenciar, entre outros, os estudios sobre a utilización dos distintos tipos de madeira na construcción e noutros usos.
A ponencia tamén reflicte, tras a aprobación dunha emenda, o compromiso dos populares lucenses polo apoio á agricultura como un dos piares básicos cara a diversificación do rural e, de xeito especial, na Mariña de Lugo despois de acadar no marco da Unión Europea o recoñecemento da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá. Ademáis a nosa comarca xunto á Ribeira Sacra aparecen subliñadas de xeito expreso no texto final como “paraxes de grande riqueza medioambiental e gastronómica” prioritarios para a acción turística