Nota de Prensa
O Grupo Municipal Popular presentou unha moción de urxencia a través da que se interesa pola potenciación desta importantísima infraestrutura cultural que está a celebrar o seu 40 aniversario
O PP DE CERVO PEDIRÁ QUE A DEPUTACIÓN CONTEMPLE NOS ORZAMENTOS PARA 2010 O INVESTIMENTO NECESARIO PARA A AMPLIACIÓN DO MUSEO PROVINCIAL DO MAR
• O espazo actual é manifestamente insuficiente para albergar as innumerables pezas de alto valor patrimonial, moitas delas cedidas polos veciños e a estrutura limita o despregamento do seu amplo potencial museístico.
• A ampliación do Museo do Mar xa formaba parte das previsións do ente provincial cando estaba xestionado polo PP. As forzas do bipartito prometeron levalo adiante pero nunca contemplan o investimento necesario para facer realidade este ambicioso obxectivo.
Cervo, 10 de outubro de 2009.- Coincidindo coa celebración do 40 aniversario da creación do Museo Provincial do Mar de San Ciprián, a principal infraestrutura cultural que a Deputación de Lugo xestiona no litoral da Mariña lucense, o Partido Popular de Cervo vén de reclamar que os orzamentos do ente provincial para o ano próximo inclúan unha partida presupostaria co investimento e en cantidade suficiente para acometer a ampliación da estrutura deste museo. O Grupo Municipal Popular rexistrará unha moción de urxencia que será obxecto de debate na vindeira sesión plenaria do Concello de Cervo e na que esperan contar co apoio unánime do conxunto das forzas políticas locais.
Segundo explican desde a formación popular o espazo actual do edificio -as antigas escolas fundadas en 1969 por D. Francisco Rivera Casás- é manifestamente insuficiente para albergar as innumerables pezas de alto valor patrimonial das que se dispoñen, moitas delas cedidas polos veciños. De feito gran parte do contido deste museo non forma parte da exposición permanente, polo que está almacenado á espera de que poida levarse adiante a ampliación. En consecuencia, a estrutura actual limita o despregamento do seu amplo potencial museístico.
UNHA VELLA REIVINDICACIÓN
A ampliación do Museo do Mar xa formaba parte das previsións do ente provincial cando estaba xestionado polo PP, que incluso estudou e negociou a adquisición dun solar anexo, de titularidade privada que permitiría conectar o Museo do Mar co espazo marítimo da praia do Torno. Tras o cambio de Goberno provincial as forzas do bipartito, que prometeron en múltiples ocasións levalo adiante, nunca materializaron este compromiso nin achegaron o investimento necesario para facer realidade este ambicioso obxectivo. Ao entender dos populares a ampliación do Museo do Mar, un proxecto do que se ven falando nos últimos anos pero que ata agora non se concretou, é imprescindible, e suporía poñer en valor o edificio de grande singularidade que actualmente o alberga así como todo o espazo circundante.
No presente ano a Deputación incluiu nos orzamentos unha partida de 47.500 € para este museo, sensiblemente inferior á contemplada no ano 2008, cando o investimento real e directo superaba os 68.000 euros. Pola contra multiplícanse por seis os cartos destinados a traballos realizados por empresas privadas, alleas ao ente provincial, pasando de 10.000 a 60.000 euros, sen especificar o seu destino concreto. Os populares reclaman un acordo do conxunto das forzas políticas de Cervo para demandar da Deputación un esforzo na ampliación deste compromiso orzamentario. “O mellor agasallo que poderíamos recibir todos os veciños no 40 aniversario do museo é coñecer que agora si, con prazos e cantidades concretas, existe o compromiso sobre o papel e con feitos de ampliar o museo”
IMPULSO A UN REFERENTE NADO POLO ESFORZO DOS VECIÑOS
Os populares insisten en que a meirande parte do material compilado no museo foi doado polos veciños de San Ciprián, e do resto Mariña, para que se espuxeran nel pero, sobre todo, se conservaran. Desafortudamente carencia do espazo impide que todas as pezas que se atopan na comarca poidan depositarse nestas despendencias. Por elo, teñen que ser derivadas a otros lugares, como foi o caso dos restos dun buque do século XVIII encontrados en Moras, restos arqueolóxicos da Atalaia, castros, etc. “Non só non se incrementaron as pezas do museo senón que, por riba, nin se expoñen nin se conservan as que con tanto traballo lles costou conseguir ós antiguos xestores, a Asociación de Veciños Cruz da Venta de San Ciprian”.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



