A asociación cultural Amado Lar de O Valadoruro elebra o sádado 28 de novembro ás 21:30 h. un magosto no local que a asociación ten na Rúa Fontenova de Ferreira. Vai dirixido a todos os socios e socias desta asociación que queiran vir e disfrutar dunhas das festas máis populares e tradicionais da nosa cultura. Poderán disfrutar gratuitamente de castañas asadas acompañadas de panceta, e dunha chocolatada con biscoito. Agardamos que se animen a participar e que todo sexa do seu agrado.
A asociación cultural Amado Lar organiza un Magosto no Valadoruo
A asociación cultural Amado Lar organiza un Magosto no Valadoruo
Relacionado
-
Ás cinco da tarde deste sábado saía das inmediacións do Parque de San Francisco a XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais na que se inscribiron máis dun milleiro de corredoras e corredores.
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu á III Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, que se celebrou este sábado en Ribeiras de Lea (Castro de Rei)
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse este sábado co alcalde da Fonsagrada, Carlos López, para abordar algunhas cuestións de interese para este municipio