NOTA DE PRENSA
O Partido Popular afirma que o Presidente da Deputación non tén palabra e non é de fiar
* Os populares aseguran que xa había previsto un proxecto de mellora para a estrada de As Catedrais, do que incluso axudicouse un tramo
* Consideran que a visita de Gómez Besteiro a Ribadeo o pasado venres confirma que é un perfecto “home anuncio” porque os compromisos adquiridos non os cumpre
Ribadeo, a 23 de novembro de 2009.- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, o portavoz popular en Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, e os deputados provinciais populares José María González Barcia e José Manuel Yanes Ginzo, aseguraron hoxe que a visita do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Ribadeo o pasado venres demostrou unha vez máis que Besteiro non “é de fiar e non tén palabra”, referíndose ó anuncio dun investimento nun tramo de dous kilómetros na estrada á praia das Catedrais.
Segundo os populares, “hai algo máis de dous meses fixo un anuncio similar, pero o venres veu a Ribadeo rodeado dun séquito propio dun presidente de goberno, para non decir nada, porque nada ensinou, nada confirmou e volveu outra vez a facer anuncios”. Os populares consideran que “a provincia e a comarca precisan dun Presidente da Deputación que traballe e que cumpra os seus compromiso, cousas que lle quedan a Besteiro nas Antípodas”.
Os representantes do PP afirman que Besteiro non ten nada que esperar se quere saldar contas con Ribadeo e con Barreiros, e ofreceron datos:
* O 25/05/07 aprobouse o proxecto, o gasto e o expediente de contratación, así como o expediente de expropiación forzosa da obra Altar-Reinante-Os Castros, cun orzamento de 455.532 euros. Esta obra parouse cando o bigoberno provincial chegou á Deputación.
* A mesma sorte correu a obra da Via Litoral de Barreiros, entre a prolongación da estrada Trabada-Barreiros e a intersección coa 634, nun tramo de catro quilómetros. O 23/02/07 aprobouse o proxecto, o expediente de contratación e o expediente de expropiación forzosa. Chegou a adxudicarse en 1,1 millóns de euros. Tamén parada.
* O día 01/06/07, a Deputación do PP aproba os proxectos, os expedientes de contratación e os expedientes de contratación das obras de dous tramos máis correspondentes coa Via Litoral de Barreiros, o enlance entre a CP 0601 de dous quilómetros de lonxitude, cun presuposto de 555.016 euros, e o enlace entre a CP 0603 e o límite municipal, de 2’7 kms de lonxitude, cun presuposto de 634.843 euros. Tamén se paralizou a licitación e adxudicación destas dúas obras.
A SOLUCIÓN, CUMPRIR OS COMPROMISOS.-
Polo tanto, para os populares, Besteiro non ten nada que esperar, e a débeda que ten contraída con Ribadeo e con Barreiros é de 2.745.391 euros, ou sexa, máis de 450 millóns de pesetas.
Para Alfonso Fuente, alcalde de Barreiros, “a solución está no que xa lle dixemos hai tempo: na Deputación, e procedente da etapa anterior, hai un proxecto que vai desde Altar ós Castros, aprobado, con consignación, e en parte licitado e adxudicado. Se Besteiro tén interese real en facer esta obra, xa pode ir empezando, porque tén os trámites feitos. E se quere deixala para a campaña electoral das municipais, estase equivocando: vaille sair mal a xogada”.
Pola súa banda, o portavoz dos populares en Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, asegurou que esta obra é de vital importancia para os dous concellos, e lamentou que o PSOE de Ribadeo non apostase por esta obra. “Os socialistas de Ribadeo non tosen para non molestar e a quen están perxudicando coa súa actitude é ós veciños e ós usuarios das praias. Os veciños de Ribadeo xa se dan conta de que non poden contar realmente coa Deputación para solucionar os problemas, e neste caso aínda é máis lamentable tendo en conta que estamos a falar dos accesos a un referente turístico a nivel nacional”.
Polo súa banda, González Barcia e Yanes Ginzo afirmaron que “unha vez máis, demostrase a vagancia e a incompetencia de Besteiro, porque vén a Ribadeo a raíz dun incumplimento, e volve para exercer de novo como ‘home anuncio’, nun evidente acto de desprecio hacia a comarca, especialmente hacia os veciños de Ribadeo e Barreiros”.
Barcia e Ginzo consideran que vir á Mariña para sacarse, unha vez máis, fotos, e non anunciar nada, demostra que non hai compromiso do presidente coa comarca”. Barcia foi máis aló, e asegurou que a tan cacareada cualificación ambiental das praias de A Mariña “pode ter truco. Xa veremos canto custa, cal é o procedemento de adxudicación do contrato e cal é o resultado. De momento, moitas praias de A Mariña xa contan cunha calificación ambiental que sae gratis: a Bandeira Azul”.


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



