NOTA DE PRENSA
González Barcia anuncia o próximo comenzo das obras da gardería.
Foron adxudicadas definitivamente en cento sete mil cincocentos euros.
Barcia lembra que a Xunta bipartita puxo “innumerables pegas para non abrir a ampliación da gardería”.
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, manifestou hoxe, a través dunha nota de prensa, que as obras de reparación e substitución da cuberta da escola infantil de Burela foron adxudicadas definitivamente polo Consorcio de Servicios Sociais da Xunta de Galicia o pasado día un de Decembro, á empresa OMODIS.
Barcia indicou que as obras foron adxudicadas en 107.550’00€, cáseque dezaoito millóns de pesetas, e teñen un prazo de execución de un mes desde que comencen. Nestes momemtos estase a determinar coa empresa o comenzo das obras e en todo caso tratarase de ocasionar as mínimas molestias no funcionamento da escola infantil, garantindo a seguridade das nenas e dos nenos e do propio persoal da escola. De feito, na vindeira semana a Escola Infantil convocará ós pais e nais para explicar os pasos que se darán.
O portavoz dos populares indicou que este foi outro asunto que o PP se propuxo resolver con celeridade desde a chegada á Xunta de Núñez Feijoo. Pero lembrou que houbo que facer un novo proxecto, xa que antes só se pretendía facer unha reparación. Por eso cremos que valeu a pena sufrir este retraso de catro meses, e que os pais e nais saberán comprendelo.
Tampouco deixou Barcia de asegurar que o PP de Burela puxo todo o seu empeño nesta obra. Barcia lembrou que foi o PP quen fixo a gardería e foi o PP quen fixo a ampliación, por certo, coa oposición de outros ó sistema de financiación da obra. Pero foron as nais e os pais os que tiveron que sufrir e aguantar a prepotencia e o desvarío duns gobernantes da Xunta bipartita que non querían abrir a ampliación da gardería por motivos claramente políticos e torpedeando continuamente o traballo do concello do PP, co silencio cómplice de quen hoxe ainda non foi capaz de arbitrar fórmulas para pagar as axudas dos corenta euros de principio de curso.
O portavoz popular asegurou que este é un paso máis na demostración de que en nove meses fixo máis a Xunta de Feijoo por Burela ca Xunta bipartita en catro anos.



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



