NOTA DE PRENSA
A deputada popular e concelleira de Medio Ambiente do Concello de Lourenzá, Emma Álvarez da conta dos traballos que se levan a cabo no embalse de auga que suministra boa parte do concello que representa.
A EXECUCIÓN DO PROXECTO DE DRAGADO DO EMBALSE QUE SUMINISTRA AUGA A LOURENZÁ ESPERASE SEXA UNHA REALIDADE NO PRIMEIRO SEMESTRE DO 2010.
* Esta mesma semana o equipo técnico encargado de facer o proxecto de dragado do embalse sobre o río Baos que suministra de auga boa parte do Concello de Lourenzá desprazouse ao mesmo para efectuar as medicións necesarias para sacar adiante o proxecto.
Santiago, 4 de decembro do 2009.- Despois de algo máis de tres anos e medio de goberno bipartito e só sete meses de goberno popular, por fin o dragado do Embalse que abastece de auga gran parte do Concello de Lourenzá é xa unha realidade.
O anterior Conselleiro de Medio Ambiente fixo caso omiso das manifestacións feitas neste sentido dende o Concello en tres vías distintas, a través do Pleno, a través do alcalde e a través da propia edil. Pese a poñerse en contacto coa súa Consellería en diversas ocasións non foi quen, nin tan siquiera, de recibirnos en toda a lexislatura para darlle conta, de viva voz, da problemática que estaba a acontecer có suministro de auga.
Non fixo o mesmo o actual Conselleiro Agustín Hernández, que dende que se lle plantexou a situación actual do embase, deulle prioridade para que os técnicos de Obras Hidraulicas pertencentes ao organismo público Augas de Galicia fixeran un informe da evalución do mesmo, froito do cal se desvela a necesidade da acometer as obras de dragado no embalse

















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



