Nota de Prensa
Os populares lamentan a hipocrisía política dos nacionalistas que, na Mariña afirman impulsar unha campaña social e institucional para conseguir esta nova infraestrutura, mentres que os representantes do BNG en Madrid supedítanse aos intereses do PSOE e aceptan que as Orzamentos do Estado para 2010 non contemplen un só euro para esta actuación
O BNG NO CONGRESO ESQUECE O PROXECTO DE APERTURA DO DIQUE NORTE DE ALCOA E NON PRESENTA NINGUNHA EMENDA PARA CONQUERIR ESTE OBXECTIVO
• O PP DEFENDE ESTA REIVINDICACIÓN EN SOLITARIO: Tan só o Grupo Parlamentario Popular no Congreso rexistrou unha emenda polo que solicita que o Goberno de Zapatero destine un millón de euros a facer realidade esta reivindicación histórica.
A Mariña, 02 de decembro de 2009.- Pese a que a agrupación comarcal do Bloque Nacionalista Galego na Mariña lucense anunciou a posta en marcha dunha campaña social e institucional para requirir ao Ministerio de Fomento que faga realidade a apertura do dique norte de Alcoa ao tráfico comercial xeral, os representantes da fronte nacionalista no Congreso dos Deputados non teñen rexistrada ningunha emenda con este obxecto. De feito, malia que os orzamentos xerais do Estado para 2010, deseñados polo Executivo socialista de Jose Luis Rodríguez Zapatero, non contamplan un só euro destinado a conquerir esta actuación, un ano máis o BNG no Congreso dos Deputados prégase aos intereses do PSOE e renuncia a defender, a forzar e a reivindicar que poidamos contar cos recursos públicos suficientes para que A Mariña lucense dispoña dun novo porto comercial, aproveitando o dique norte de Morás, na actualidade infrautilizado pola multinacional Alcoa.
Así o denunciaron desde o Partido Popular da Mariña que, despois de comprobar as emendas das distintas formacións políticas, deron conta do seu asombro ante este evidente esquecemento nacionalista. Segundo os populares estamos ante un novo exemplo de hipocrisía política do BNG que unha vez máis actúa de xeito distinto cando se trata de defender os intereses da Mariña aquí na nosa comarca ou en Madrid. De pouco valen as declaracións de boas intencións e os acordos aos que se poidan chegar solicitando a creación dun novo porto comercial xeral no dique de Morás se, cando o Goberno do Estado elabora as súas contas, non contempla os recursos e cartos públicos necesarios para logralo. O BNG é consciente disto e, malia todo, non fai nada. De feito incluso os nacionalistas veñen aprobando os orzamentos de Zapatero ou evitado emendalos, tal e como fixeron este ano, actuando como cómplices necesarios na marxinación de proxectos tan importantes como este, que redundaría en beneficio do conxunto da nosa comarca.
O PP DEFENDE ESTA REIVINDICACIÓN EN SOLITARIO
A situación contrasta co compromiso adquirido polo PP que, a través dos seus deputados no Congreso, rexistraron unha emenda que reclama a achega dun millón de euros destinada a facer realidade esta histórica reivindicación respecto do uso comercial xeral do dique norte de Alcoa. Os populares son os únicos que, alí onde corresponde, defenden a consecución deste novo porto de transporte de mercadorías na Mariña lucense.
É máis, días despois de acceder a nova responsabilidade de Goberno na Xunta, o PP xa adiantou que, a diferenza do acontecido na pasada lexislatura, onde o Goberno bipartito non se pronunciaba ao respecto, non só apoiará esta reivindicación, senón que incluso é favorable á creación dunha autoridade portuaria exclusiva para a nosa comarca. De feito o ente público autonómico Portos de Galicia contratou a elaboración dun estudo de viabilidade que servirá para fortalecer esta reivindicación e dar novos argumentos para convencer ao Goberno central, ao Ministerio de Fomento, da idoneidade desta nova infraestrutura.
INTERPRETACIÓN TEATRAL
Os populares lembran que o BNG, nun evidente alarde de cinismo, chegou incluso a manifestarse nas instalacións do dique de Morás. Agarráronse á pancarta e fixéronse a foto pero, á hora da verdade, esquecen requirir o diñeiro preciso para que Fomento, hoxe en mans do PSOE, poida polo menos iniciar os trámites previos a creación deste novo porto comercial. Polo tanto, compartindo o convencemento que seguro terán moitos veciños da Mariña de que o BNG é un partido que non é de fiar, acusan aos nacionalistas de facer un “teatro, un paripé, unha representación teatral, diante das cámaras e dos medios de comunicación, pero non raballan alí onde é necesario, nas institucións, emendando as contas no sentido que corresponde, cando se están a aprobar e deseñar os orzamentos para o ano próximo”

















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



