CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou aos grupos municipais de PSdeG-PSOE e BNG que os 510.000 euros do Fondo Estatal para o Emprego asignados a Cervo adicaranse a educación, aforro enerxético e modernización da administración local
Nota de Prensa
OS 510.000 EUROS DO FONDO ESTATAL PARA O EMPREGO ASIGNADOS A CERVO ADICARANSE A EDUCACIÓN, AFORRO ENERXÉTICO E MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
* O alcalde de Cervo mantivo este mediodía unha xuntanza cos portavoces da oposición para presentarlles as propostas elaboradas polo grupo de Goberno
Cervo, 29 de xaneiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo este mediodía unha xuntanza cos voceiros dos grupos municipais de PSdeG-PSOE e BNG co obxecto de informalos das liñas de actuación previstas polo executivo local para investir os cartos asignados a Cervo polo Goberno central dentro do Plan Estatal para o Emprego e Sustentabilidade para o presente ano.
Villares lembrou que a día de hoxe a recuperación económica do Estado “non se divisa” e augurou que en 2010 os Concellos “aínda o imos a pasar mal”. Na súa opinión, a diminución dos fondos estatais nos concellos é unha evidencia “e aínda que na prensa aparecera hai uns días que Cervo non se vería afectado por esa diminución, hai que lembrar que o noso concello xa sufriu este recorte de ingresos hai dous anos por unha decisión estatal unilateral pola que se nos rebaixou en máis de 129.000 euros ao ano os nosos ingresos a raíz dunha modificación dos valores catastrais do municipio”.
“Diante desta situación -indicou o rexedor- o grupo de Goberno local viu prioritario investir a cantidade asignada a Cervo destes fondos, e que coma xa dixen antes se nos quitara, en adicalo a inversións en Educación, aforro enerxético e modernización e informatización da administración local”.
Deste xeito, Villares cuantificou en 102.345 euros a cantidade que ten previsto investir o Concello para sufragar os gastos derivados do mantemento dos colexios públicos do termo municipal e do persoal municipal asignado aos mesmos.
Por outra banda, e debido ao elevado custe que supón para as arcas municipais o gasto enerxético motivado, sobre todo, polas últimas subas do recibo da luz o Concello de Cervo optou por adicar 364.984 euros ao financiamento de proxectos de aforro enerxético coa finalidade de reducir ao máximo o consumo de enerxía eléctrica nos núcleos de poboación de Cervo, Lieiro e San Ciprián.
Por último, o Goberno cervense adicará 43.371 euros á modernización da xestión administrativa municipal mediante a informatización do servizo municipal de augas, a adquisición de novos equipos informáticos sistemas de telecomunicacións que facilitarán as xestións dos contribuíntes diante do Concello.
Así mesmo, o alcalde de Cervo valorou cualificou de “interesantes” as propostas presentadas polos grupos da oposición, aínda que admitiu que non foron aceptadas polo equipo de Goberno local, ao considerar que en varias delas o Concello está xa a traballar “e esperamos que co diálogo fluído que mantemos actualmente coa Xunta, algunha delas poda ser unha realidade en breve. En troques, -proseguiu Villares- para levar adiante outras das propostas apuntadas pola oposición, faría falta vinte veces máis o orzamento asignado a Cervo, pero está claro que o papel aguanta todo e eles por encher, que non sexa”.
O Fondo Estatal para o emprego e a sostenibilidade local ten varias liñas de actuación:
1.- O financiamento de gastos correntes que ocasione a prestación de servicios educativos e sociais ata un montante do 20% dos fondos que corresponden ó Concello. A Cervo lle corresponde 102.345,00 € que van destinados a sufragar os gastos educativos concretamente:
Gastos de persoal que realizan as labores de mantemento e vixilancia dos colexios públicos de Educación Infantil e Primaria que ascenden a un total de 36.137,52 €
Gastos de mantemento de ditos colexios (calefacción, luz, limpeza…) que ascenden a un total de 66.207,48 €
2.- O financiamento de proxectos de inversión destinados a uns fins determinados; no Concello de Cervo e debido ó elevado custe que supón para as arcas municipais o gasto enerxético motivado, sobre todo, polas últimas subidas do recibo da luz, se optou por destinar o importe de 364.984 € a financiar proxectos de aforro enerxético coa finalidade de reducir o máximo posible o consumo enerxético e como consecuencia o gasto en alumeados públicos e ao mesmo tempo poñer en regulamentación as instalacións eléctricas existente nas zonas nas que se implante este sistema. Inclúese o gasto de proxecto e dirección de obra.
As zonas onde se va a actuar son:
– Alumeado público núcleo de Cervo
– Alumeado público núcleo de Lieiro
– Alumeado público vías interurbanas Cervo
– Alumeado público San Cibrao
3.- O financiamento de subministro que teñan por obxecto a adquisición de equipos e sistemas de telecomunicacións ou para o tratamento da información. Con esta liña de axudas o Concello intenta modernizar a xestión administrativa mediante a adquisición de servidores e sistemas de almacenamento, a adquisición de equipos informáticos e a informatización do servicio de augas do Concello. O subministro dun sistema dixital multifunción co obxectivo de automatizar os procesos internos do Concello e o subministro dun sistema de conferencias para a difusión da información municipal.
O importe desta liña de axudas ascende a 43.371,00 €
TOTAL – 510.700,00 €



















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



