O concerto benéfico que se ía celebrar o venres día 22 de xaneiro ás 20.30 horas no Cine Teatro trasládase ao Auditorio Municipal Hernán Naval. Este concerto está organizado pola Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a asociación Amadores da Música, a asociación cultural Musiqueando e máis o Concello de Ribadeo. O obxectivo principal desta actuación é a recollida de fondos para axudar ás vítimas do sismo ocorrido en Haití polo que se fai un chamamento á participación masiva das e dos ribadenses. O diñeiro obtido pola venda de entradas, a un prezo de cinco euros, será doado á Cruz Vermella que levará a cabo traballos de axuda á reconstrución do país.
O concerto benéfico para axudar ás vítimas de Haití previsto para o venres 22 será no Auditorio Municipal de Ribadeo
O concerto benéfico para axudar ás vítimas de Haití previsto para o venres 22 será no Auditorio Municipal de Ribadeo
Relacionado
-
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García, na inauguración do XXIV Encontro Internacional de Torneiros de Madeira, que se celebra ata este domingo no polideportivo da localidade chairega
-
O Concello de Xove convoca a todos os gandeiros do municipio para unha charla informativa este venres, 20 de setembro ás 20 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico
-
A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza unha viaxe cultural a Padrón e Compostela