Barreiros e Xove celebraron o Entroido, tamén Foz, con animados desfiles e que nin o desagradable tempo imperante logrou calar. En Xove o Desfile desenvolveuse dende o Campo Municipal de Fútbol de Xove, pasando pola Rúa Acceso Grupo Escolar, percorrendo boa parte da Avenida Deputación, desviándose á dereita por Doutor Baamonde Illade, continuando polo Camiño Real, para rematar na Praza do Centro Cívico onde os nenos/as puideron disfrutar dun Baile Infantil. Para rematar a xornada, celebrouse un Baile de Disfraces no Pavillón Municipal e fíxose a entrega de premios.
Entroido en Foz, Xove e Barreiros, martes en San Cibrao Viveiro e Burela
Entroido en Foz, Xove e Barreiros, martes en San Cibrao Viveiro e Burela
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebra esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo