COMUNICADO DE PRENSA
Grupo municipal do PSdG-PSOE O Valadouro
Queremos agradecerle a o señor Alcalde de Alfoz a claridade con a que expresa o
seu rexeitamento a o Parque Industrial Alfoz- Valadouro, confirmando tamén que a
alegación formulada po lo concello veciño a o proxecto común sorte efecto e
paraliza de facto a posibilidade do mesmo segun se acordara no ano 2005.
Afirma tamén o señor Lousas que cada concello ten que facer o seu parque.
Ambas cuestións levámolas dicindo reiteradamente os socialistas do Valadouro.
Presentando incluso una moción no concello para iniciar xa o noso proxecto e
comezar inmediatamente o noso parque industrial. Moción rexeitada polo grupos
municipais do PP e mais o BNG.
O tempo danos a razón, nunca hubo vontade política para desenrolar este
proxecto en común.
Una vez mais o goberno municipal do Valadouro xoga con os intereses dos seus
veciños. En vez de acelerar o proceso para inmediata execución do noso parque
industrial agárrense a un proxecto que esta como di o señor Lousas “roto”.
Isto e lo que lamentablemente queda do Parque Industrial Alfoz – Valadouro.
Agora so nos queda esperar cal dos dous concellos empeza antes. Admítense
apostas










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



