Nota de Prensa
O PLENO DE CERVO DEIXOU A SENSACIÓN DUN GOBERNO DESNORTADO QUE NON ACEPTA AS CRÍTICAS CONSTRUCTIVAS DA OPOSICIÓN
Despois da desafectación o PP promoverá a modificacións das normas Subsidiarias no Rivera Casás que adaptará a normativa ás necesidades dunha promotora
Os 4.500 m2 que ocupa o Rivera Casás dan para unha gardería, o Centro da Terceira Idade e unha praza de 2.000 m2
A negativa do PP a constituír a comisión de valoración do POL non permitirá consensuar suxerencias que melloren os efectos desta normativa en Cervo
Cervo, 20 de febreiro de 2010. O BNG criticou após o pleno municipal celebrado na tarde de onte en Cervo a negativa do PP a aceptar as propostas constructivas aportadas pola oposición municipal. Os nacionalistas criticaron a actitude hermética do goberno local que se nega a aceptar o aproveitamento de recursos na utilización do espazo que hoxe ocupa o Rivera Casás que para o BNG e un despropósito dedicalo exclusivamente a praza cando 4.500 m2 dan para moito mais, ao mesmo tempo que cualificaron aventurado e temerario solicitar a desafectación dos inmobles mentres existen dous procesos xudiciais abertos ainda sen resolución. Na mesma liña de negativismo aludiron á negativa do grupo de goberno que non quixo constituir unha comisión que permita a participación dos grupos municipais e veciñais para emitir suxerencias de modificación nas afectacións do Plan de Ordenación do Litoral que o goberno local recoñeceu non ter estudado aínda a pesar de condicionar gravemente o futuro urbanístico do concello.
O goberno local recoñeceu non coñecer o POL a pesar de condicionar o futuro desenvolvemento urbanístico do concello.
A negativa do goberno local a constituir unha comosión de valoración do Plan de Ordenación do Litoral e o recoñecemento de que aínda non o tiñan estudado, foi cualificado polo BNG como unha absoluta falta de responsabilidade tendo en conta que este documento xa aprovado inicialmente pola Xunta o pasado 8 de xaneiro, condicionará o futuro desenvolvemento urbanístico do concello ao afectar a mais de 1.200 ha de solo 586 delas por riba da franxa dos 500 mts.da costa. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estua, cualificou de “documento á carta” un Plan que da barra libre a determinadas industrias da acuicultura mentres ao lado os veciños terán que conformarse con erder o valor das súas vivendas por quedar fora de ordenación. Estúa lembrou que boa parte do traballo realizado na redación do PXOM de Cervo e papel mollado xa que contradí as directrices de ordenación fixadas polo POL ás que deberá adaptarse.
O goberno local prefire prescindir de 2.000 m2 de solo dotacional nas instalacións deportivas de A Veiga a aceptar as suxerencias da oposición.
Os nacionalistas criticaron a precipitación do goberno local na desafectación dos inmobles do Rivera Casás que ademais tildaron de falta de respecto á xustiza e aos promotores de dous procedementos xudiciais abertos e sen resolución en contra do peche do centro educativo. Ademais lembraron que a intención do gobeno local de ceder á Consellaría de Benestar casi 2.000 m2 de solo nas instalacións deportivas do campo de futbol da Veiga para facer unha residencia da terceira idade e “desvestir un santo para vestir outro”. Estúa afirmou que “o PP está cegado non se sabe con que, e non sabe optimizar recursos”, neste sentido insistiu en que os 4.500 m2 existentes no espazo que hoxe ocupa o Rivera Casás dan para unha praza de 2.000m2 no lugar que ocupa o pavillón, unha gardería no edificio que ocupaba primaria, e aínda quedarían outros 2000 mts.para a residencia da terceira idade, evitando a perda de espazo dotacional e deportivo na Veiga. O nacionalista dixo “non entender a insistencia do PP en mandar primeiro ao alumnado e agora á terceira idade á periferia do centro urbano de San Cibrao.”
O plan económico-financeiro pretende facer pagar a mala xestión economica do goberno aos cidadáns.
Os nacionalistas non aceptaron o Plan Economico-financeiro presentado polo grupo de goberno por entender que a mala situación da economía municipal e debida á mala xestión económica do goberno local e non se pode facer pagar aos veciños e veciñas os desmanes económicos dos últimos anos. Estúa lembrou que o goberno local tirou pola borda importantisimos ingresos procedentes da construcción no lugar de amortizar débedas e agora pretende mediante unha subida masiva de impostos e taxas municipais e a creación de outros novos, facer pagar aos de sempre as consecuencias do desastre. O nacionalista fixo mención a que o concello ten dereitos pendentes de cobro por preto de 4,4 millóns de euros, dos que o 50% son de dudoso cobro e á débeda pendente de 3,68 millóns, ademais referiuse ao desaxuste contábel na conta xeral do ano 2008 aprobada no pleno de onte que reflexa un desaxuste contabel de 1,5 millns de euros ao estimar unha previsión de recadación moi por riba da real.
















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



