NOTA DE PRENSA:
Os nacionalistas denuncian que o POL deixa fora de ordenación a todas as vivendas na Ría de Abres a ambas beiras da N-640
prohibindo calquera uso residencial
O BNG afirma que o Plano Litoral afectará en Trabada a 199,19 hectáreas das que 86,67 se sitúan por riba da franxa dos 500 metros.
O Plano de Ordenación do Litoral que ven de remitir aos Concellos a Xunta de Galiza vai afectar no concello de Trabada a 199,19 hectáreas das que 86,67 se sitúan por riba da franxa dos 500 metros e que se corresponden co que documento define como áreas de xestión. O BNG afirmou que considera un auténtico despropósito as propostas e solucións que o Plano de Ordenación Litoral establece para o Concello de Trabada , na medida que significa unha hipoteque para o desenvolvemento urbanístico do Concello e impide unha ordenación territorial que faga posíbel un crecemento sustentábel coas potencialidades de futuro que se lle poidan presentar a Trabada.
Os nacionalistas informaron que 82,50 hectáreas se corresponden coa zona de protección, 12,76 coa zona de mellora ambiental e paisaxística e 104,93 coa zona de ordenación. A área de ordenación correspóndelle ao Concello determinar os usos, na área de mellora ambiental e paisaxística farana o Concello de acordo coa Xunta e na área de protección, quen determina os usos é o Goberno galego, non permitindo ningún uso de tipo residencial. Na mesma liña, continuaron os nacionalistas hai que recordar que a área de protección divídese entre o de protección ambiental(costa) e protección de corredor(ríos) que en Trabada representan en cada caso 72,46 hectáreas e 9,03 hectáreas respectivamente, polo que a maiores dos núcleos costeiros da Ría de Abres , tamén se prohiben usos residenciais en Vilafernando. Neste sentido queren denunciar que incluso deixan fora de ordenación unha nave industrial no empalme de Vilafernando.
O BNG de Trabada denunciou que o Plano establece usos do solo sen atender a criterios regrados, na máis absoluta discrecionalidade, plantexando solución distintas para realidades que son iguais, criando inseguridade xurídica e abre a porta ao urbanismo a carta. O PP tenlle que explicar varias cousas aos veciños de Trabada , empezando por recoñecer as súas mentiras da campaña electoral, pois está a prohibir usos residenciais por riba dos 500 metros, e a seguir por responder por que entra a saco na capacidade de planificación dos Concellos, por contestar por que o nivel de protección en Trabada acada este grao. Neste sentido consideran como un disparate que a área de xestión do Plano chegue a pobos como Vilafernando ou Leirado que se sitúan a máis de un Kilometro da delimitación de Costas.
Asemade o BNG considerou particularmente grave que o Plano veña a prohibir usos residenciais en varios solos que teñen a consideración de urbanos no Planeamento en vigor en Trabada como acontece no lugar da Alameda ou Pedrido na Ría de Abres. Nesta liña os nacionalistas queren advertir que o Plano de Ordenación do litoral deixa fora de ordenación a totalidade das edificacións existentes na Ría de Abres a unha beira e outra da N-640, o que significa a efectos prácticos que o seu valor catastral pasa a ser cero e que nesas vivendas só se poderán facer obras de conservación, nunca obra nova. Nesta dirección hai que ter en conta que se prohibe tamén calquera uso residencial nos terreos existentes á beira da estrada xeral na Ría de abres o que crea un prexuízo importante para este núcleo.
Os nacionalistas informaron que este documento vai determinar calquera Plan Xeral futuro de Trabada posto que as súas disposicións, teñen que axustase ao POL polo seu carácter supramunicipal, e como é obvio as consideracións dos dous documentos entran en contradición.Asemade tamén hai que ter en conta a resposabilidade municipal a hora de non ter adaptado o planeamento a lexislación provoca unha maior indefensión para o noso Concello, na medida en que pode darse o paradoxo que se clasifique como solo de protección, solo que na súa realidade fáctica teña mesmamente a consideración de urbano consolidado.
Xa por último desde o BNG de Trabada solicitan ao Concello a que presente as suxestións pertinentes ao documento da Xunta, prazo que a Consellaría ven de ampliar até o dous de Maio, a fin de salvar diversas zonas do Concello que ao que as que vimos de citar fican absolutamente hipotecadas. Asemade os nacionalistas póñense a disposición dos veciños de Trabada que queiran coñecer como quedan as súas vivendas e as súas parcelas a fin de darlle a información oportuna.






















Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



