Nota de Prensa
Rexistrará mocións plenarias en todos os concellos da Mariña lucense despois de constatar que o adianto no pago deste imposto menoscaba a xa de por si delicada situación económica deste colectivo, que se verá tamén golpeado pola suba do IVE que vén de impoñer o Goberno socialista central.
O PP PEDIRÁ NOS CONCELLOS QUE PEQUENAS EMPRESAS E AUTÓNOMOS NON PAGUEN O IVE DAS FACTURAS NON COBRADAS
* Os populares cren que os concellos deben involucrarse en dar solucións a PEMS e autónomos tendo en conta que son os primeiros en demorar os seus pagos.
A Mariña, 24 de marzo de 2010.- O Partido Popular da Mariña pedirá nos concellos da nosa comarca a través dunha moción plenaria que pequenas e medianas empresas e autónomos non paguen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) das facturas que aínda non teñen cobrado.
Visto que o Goberno socialista de Zapatero non da marcha atrás na suba deste imposto, prevista para inicio do verán, os populares si que esperan que polo menos asuma esta xusta reivindicación das pequenas e medianas empresas e autónomos que agora se ven obrigados a adiantar o IVE cando xeran unha factura, con independencia de que teñan recibido o cobro correspondente ou non, unha situación que implica un serio menoscabo á xa de por si delicada situación económica deste colectivo.
O Partido Popular da Mariña cre que os concellos tamén deben involucrase en dar solucións a PEMES e autónomos sobre todo tendo en conta que son os propios entes locais os primeiros que atrasan os pagos das facturas dos seus proveedores.
A aprobación final da medida de non ingresar o IVE das facturas non cobradas polos autónomos e as PEMES é de vital importancia para eles dado que uns dos problemas máis graves aos que se enfronta é a falta de tesourería, pois nin reciben préstamos dos bancos e caixas, nin pagan en tempo e forma os seus clientes pero a Axencia Tribunataria si esixe o cobro do IVE incluso mensualmente.
UN DOS COLECTIVOS MÁIS AFECTADOS
Recordemos que PEMES e autónomos representa o 95% do tecido empresarial e crea o 85% dos postos de traballo polo que cando pechan, o efecto sobre a economía é unha praga silenciosa e continuada. Precisamente este colectivo é un dos máis afectados pola suba de impostos que promove o PSOE, e que implicará elevar os tipos impositivos de IVE xeral en dous puntos, para situarse no 18%, e elevar tamén o reducido nun punto, polo que pasaría ao 8%.






















Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



