Burela conta con 9.520 habitantes, 140 máis que o anterior dato oficial coñecido. O alcalde, Alfredo Llano considera que “este crecemento confirma que a xente se está a asentar no noso concello, de aí que, como contabamos onte, tamén se estean a poñer en marcha moitos negocios. De seguir a este ritmo coido que en pouco tempo chegaremos aos 10.000 habitantes”.
A poboación de Burela aumentou en 140 habitantes e chegou aos 9.520 veciños
A poboación de Burela aumentou en 140 habitantes e chegou aos 9.520 veciños
Relacionado
-
Éxito de participación na VII Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que se celebrou esta fin de semana con arredor de 600 atletas participantes nas diferentes categorías desta proba, que concluíu a carón do Pazo de Ibáñez, onde tivo lugar a entrega de trofeos aos gañadores
-
O xurado do LI Certame Literario do Concello de Vilalba vén de facer público o seu ditame, proclamando como gañadora a obra Nakba, presentada baixo o lema “Coma quen lambe a ferida” e cuxa autora é Patricia Torrado Queiruga
-
Extinguido o incendio forestal da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro