Iria Castro: “Que chova en Galiza non é raro, o raro é que o PP se preocupe por algún ben patrimonial”
Lugo, 24 de febreiro de 2026. A Deputación de Lugo reclama a Xunta de Galicia unha acción planificada sobre os bens patrimoniais para evitar danos irreversibles sobre os elementos patrimoniais da provincia.
A proposta impulsada polo BNG aprobouse no pleno deste martes, malia a oposición do Partido Popular que se escudou nos temporais para tratar de agochar a falta dunha política de conservación que protexa e poña en valor o patrimonio.
No debate da proposta, a deputada Iria Castro sinalou que nos últimos meses se puxo aínda mais en evidencia o desleixo e a falta de políticas de conservación por parte de Xunta de Galicia, que ten a responsabilidade de velar pola conservación dos BIC e a competencia para acordar medidas de colaboración administracións e outros organismos para garantir a seguridade dos bens.
“O que lles pedimos non é que sexan os máis rápidos cando hai derrubamentos en bens patrimoniais, senon que teñan plans para evitar que caian. Falan da actuación na Muralla, pero hai un informe previo que fala doutros quince puntos críticos”, explicou a portavoz nacionalista.
“E non falamos só da Muralla, senon doutros bens que perdemos pola súa inoperancia. A Torre de Torés, onde non foron facerse a foto. Non debe interesarlle tampouco ao señor Núñez. Tamén podemos falar da Torre de Caldaloba: non miraron para ela en 30 anos, ata que esta administración se interesou por ela. E aí están, ralentizando unha solución para ela. Ou da Casa Benedicto, na que estaban moi interesados ata que lles pedin qeu lle devolvan a protección que lle quitaron en 2024”, enumerou a deputada nacionalista en relación coas decisión da Xunta sobre o patrimonio da provincia.
“Que chova en Galiza non é raro, o raro é que o PP se preocupe por algún ben patrimonial”, concluíu a deputada.
Unanimidade en relación co arranxo da N-540
O grupo provincial do BNG reiterou no pleno provincial a necesidade dunha rehabilitación e reforma estrutural da N-540, a única vía de comunicación directa entre Lugo e Ourense. “Non podemos pasar outro inverno así”, incidiu o deputado Daniel García no debate da moción, aprobada por unanimidade.
“Exiximos ao Goberno do Estado reparacións de emerxencia nos puntos máis afectados neste primeiro semestre de 2026 e que se activen, sen máis demoras, actuacións de rehabilitación e reforma estrutural nos treitos danados. É necesario concretar calendarios e garantir o cumprimento dos compromisos de adquiridos”, que advertiu do risco que supón o estado da da vía para a seguridade das usuarias e usuarios.
O deputado nacionalista denunciou que “o déficit de investimento na conservación e mellora das estradas de Lugo é crítico, e forma parte dunha deficiencia estrutural en Galiza, que nin o PSOE nin o Partido Popular corrixen”.
Nese marco, apuntou o mal estado doutras vías estratéxicas para a provincia como a N-VI, N-120 ou a N-640, as décadas de promesas incumpridas por parte de PP e PSOE en relación coa A-74 e VAC Costa Norte, o derrubamento do tunel do Castro apenas 20 anos despois de construírse a A-6 ou a demora no desdobramento da AG-22”.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



