A exposición itinerante, realizada pola Asociación Mariñapatrimonio, sobre a industria do ferro chega a Riotorto onde vai estar aberta na Casa da Cultura deste concello até o día 23 de abril. A mostra, que leva por título “ A industria do ferro no norte de Lugo e no occidente astur”, recolle a orixe e a evolución histórica do traballo do ferro nesta zona, os lugares de extracción e traballo ( explotacións mineiras, ferrarías, mazos e forxas), a elaboración de obxectos de corte e tres lugares sobranceiros na dedicación á manufactura de obxectos de ferro: A Pontenova, Riotorto e Taramundi.
Exposición sobre a industria do ferro en Riotorto
Exposición sobre a industria do ferro en Riotorto
Relacionado
-
Coa visita de mascotas, con doce, velas e menú conmemorativo tivo lugar a celebración do 6º aniversario da posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo
-
Academia A Mariña acollerá o vindeiro martes, 17 de xuño, unha sesión informativa sobre o novo marco de colaboración entre empresas e entidades de formación no ámbito galego
-
O Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza unhas xornadas gratuítas de iniciación e diversión co volei