XOVE/RIBADEO (MFO) .- O C. B. Xove logrou ante a súa afección outra vitoria mais para lograr a permanencia en Primeira Nacional impoñéndose claramente ao BasketCoruña por 70 puntos a 52. Pola súa banda o Celtas-Primera Calidad, xa descendido matematicamente, viaxou a Santiago con so oito xogadores e non puido aguantar o ritmo de partido imposto polo Rosalía ( 83-66 ).
O Xove, con esta vitoria, acercase un pouco mais o obxectivo da permanencia e segue con unha boa racha no seu pavillón. O BasketCoruña so puido aguantar os dez primeiros minutos ( 14-12 ) pois no segundo cuarto os mariñáns, con bos porcentaxes de tiro, lograron anotar 25 puntos que lles deu unha renda de 11 puntos. Na segunda metade os xovenses seguiron sendo mellores e ampliaron aínda mais a vantaxe para acadar o resultado final de 70 a 52. Polo C. B. Xove xogaron: Álvaro (12), Aitor (9), Andrés (20), Juan María (7), Fernando (12) – Javi (5), Ángel (5), Borja, Eugenio e Piñón.
O Celtas-Primera Calidad segue sen lograr a súa primeira vitoria como visitante e esta vez perdeu ante o Rosalía, equipo ante o que lograra a súa primeira vitoria do campionato. Marco Justo so puido contar con oito xogadores, dous deles xuvenís, o cal lle pasou unha factura física nos últimos minutos do encontro. No primeiro cuarto a frouxa defensa dos mariñáns levounos a ter que remontar 9 puntos ( 24-15 ). Nos segundos dez minutos lograron rebaixar a vantaxe a cinco puntos. Na segunda metade o Celtas aguantou ata os últimos minutos pero finalmente non puido co ritmo dos santiagueses con un maior fondo de banquiño. Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Lucas (9), Sama (15), Diego, Manuel (14), Miguel (22) – Ángel (3), Ramón (3), Brais e Manuel.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



