Nota de Prensa
Veiga denuncia o incumprimento do Plano Mellora na maioría dos centros de saúde da comarca.
O BNG afirma que o PP está desmantelar a atención primaria na Mariña.
Os nacionalistas anuncian a presentación de iniciativas no conxunto dos concellos da Mariña
O Bloque Nacionalista Galego quere denunciar o desmantelamento que está a levar adiante a Xunta de Galiza na Comarca da Mariña dos servizos de atención primaría así como dos incumprimentos por parte da mesma das actuacións que se recollían no “Plano Mellora” asinado en 2007 e cun período de duración que se alongaba ata 2011. Segundo recordou Antonio Veiga “reforzar a capacidade a capacidade de diagnose da atención primaria significa atallar con máis celeridade determinadas patoloxías, permite desatascar os centros hospitalarios e fai aumentar a calidade da atención sanitaria”.
O portavoz Comarcal do BNG criticou que xa en 2009 o PP paralizou de facto a paralización do Plano Mellora que entre outros aspectos recollía que ningún médico atendese a máis de 1250 cartillas o que permitiría un maior tempo de atención ao paciente, que cada facultativo contase cun ATS para os seus pacientes, a posibilidade de que nos centros de primaria se puideran realizar citoloxías para mulleres que non padeceran estas doenzas no pasado, dotar de retinografo a atención primaria, introducir a receita electrónica ou a execución de determinadas obras nos centros de saúde da Comarca.
A este respecto, insistiu que as consecuencias disto están a luz na Comarca, ata o punto segundo Veiga de que “a paralización de determinadas obras de infraestrutura deixou sen servizo de fisioterapia ao Centro de Saúde de Mondoñedo, ou as probas de citoloxía seguen sen realizarse na primaria, ou o servizo de retinografía carece de medios para poder aplicarse, a pesar de contar cun aparello do mesmo no PAC de Burela. Agora ben o caso máis sangrante ten haber coa redución e o incumprimento en materia de persoal sanitario ata o punto de que cando menos nos Concellos de Foz, Ribadeo, Viveiro, Burela, Alfoz,Riotorto, A Pontenova, Trabada, Ourol, Mondoñedo, Valadouro e A Pontenova non se cumpre que cada ATS se corresponda cun médico ou que en varios Concellos algúns médicos vense obrigados a atender a máis de das 1250 cartillas”. Tanto é así que segundo o BNG isto esta a implicar que na atención primaria da Mariña non estean cubertas 15 prazas de enfermaría,3 de Médico/a ,4 de PSX, 1 de fisioterapeuta e 1 de Hixienista dental. A maiores Veiga afirmou que “non só se incumpre o plan Mellora senón que se está a gravar máis o caos sanitario co recorte drástico das substitucións do persoal o que provoca a sobrecargas de traballo e a listas de espera en Atención Primaria e tamén a precariedade laboral do persoal das listas de contratacións”.
Os nacionalistas advertiron que este ano a situación esta chamada a empeorar dado que a Xunta de Galiza, situase á cabeza das Comunidades do Estado onde menos se inviste en atención primaria, dándose mesmo un descenso en diñeiro real nos orzamentos da Xunta en relación con 2009. “ Xa vemos cal é a austeridade que práctica o PP, aquela que significa recortes nos servizos públicos, aquela que afecta a cuestións tan sensíbeis como a sanidade. A austeridade do PP pasa por converter en negocio as persoas, ata o punto de que detrás da política sanitaria agochase o interese do PP de derivar os doentes a privada” afirmou Veiga.
O Portavoz Comarcal do BNG anunciou que a súa forza política vai presentar na totalidade dos Concellos da Mariña mocións a fin de que as Corporacións demanden da Xunta de Galiza un cumprimento claro do que o Plano Mellora comprometía para cada un dos Concellos. “Os Gobernos Locais non poden mirar para outro lado mentres se desmonta a atención primaria nos Concellos da Mariña e teñen enfronte unha Xunta de Galiza que incumpre os compromiso asinados no seu momento”recalcou Veiga quen denunciou que “temos diante de nos a maior ofensiva contra a sanidade pública desde a historia da autonomía”.
MOCION DE IMPULSO Á SANIDADE PRIMARIA NA MARIÑA DESENVOLVENDO O PLANO MELLORA
EXPON:
A Xunta de Galiza, as organizacións profesionais do sector, sociedades científicas e os sindicatos con representación asinaron en 2007 un plano de potenciación da atención primaria, baixo o nome de “Plano Mellora” para o período 2007-2011, co que se pretendía aumentar os recursos dos médicos de familia, así como delegar neles determinadas funcións que desenvolvían os especialistas. Xa que logo pretendíase aumentar a capacidade de diagnose da atención primaria a fin de ser capaces de atallar con máis celeridade determinadas patoloxías, aumentar o número de facultativos e diminuír a ratio destes cos pacientes, na perspectiva de que a mellora da atención primaria desatasca os centros hospitalarios e fai aumentar a calidade da atención sanitaria.
O “Plano Mellora” recollía entre outros aspectos que afectaban de xeito directo a nosa Comarca que ningún médico atendese a máis de 1250 TIS o que permitiría un maior tempo de atención ao paciente, que por cada facultativo houbese un ATS/DUE , e incrementar as prazas de persoal administrativo, así como a posibilidade de que nos centros de primaria se puideran realizar citoloxías para mulleres que non padeceran estas doenzas no pasado, dotar de retinógrafo a atención primaria, introducir a receita electrónica ou a execución de determinadas obras nos centros de saúde da Comarca.
Agás no caso da receita electrónica que se está a introducir con grande lentitude, no caso da Mariña os aspectos que se recollían neste plano seguen sen facerse realidade. Tanto é así que a paralización de determinadas obras de infraestrutura deixou sen servizo de fisioterapia ao Centro de Saúde de Mondoñedo, ou as probas de citoloxía seguen sen realizarse na primaria, ou o servizo de retinografía carece de medios para poder aplicarse, a pesar de contar cun aparello do mesmo no S.A.P. de Burela. Agora ben o caso máis sangrante ten a ver coa reducción e o incumprimento en materia de persoal sanitario ata o punto de que cando menos nos Concellos de Foz, Ribadeo, Viveiro,San Cibrao, Burela,Barreiros, Alfoz, Trabada, A Pontenova, Riotorto. Ourol, Mondoñedo, Valadouro e A Pontenova non se cumpren as previsións de dotación de persoal ou que en varios Concellos algúns médicos vense obrigados a atender a máis de das 1250 cartillas.Co Plan Mellora da Atención Primaria acadaríanse 15 prazas de enfermaría,3 de Médico/a ,4 de PSX, 1 de fisioterapeuta e 1 de Hixienista dental.
Non só se incumpre o plan Mellora senón que se está a gravar máis o caos sanitario co recorte drástico das substitucións do persoal o que provoca a sobrecargas de traballo e a listas de espera en Atención Primaria e tamén a precariedade laboral do persoal das listas de contratacións.
A Consellaría de Sanidade xa no 2009 paralizou na Mariña a posta en marcha do “Plano Mellora”, algo que parece obvio que vai acontecer neste ano, á vista do recorte que se produce nos orzamentos da Xunta nas partidas destinadas a atención primaria. Neste sentido e a pesar que desde a Consellaría subscríbese un acordo en febreiro de 2010 de aumentar as posibilidades da atención primaria a realidade apunta por outro camiño. Mesmamente hai que lembrar que segundo un informe que ven de facer público a Asociación Española de Médicos de Familia, Galiza situase á cabeza do Estado como a comunidade na que menos se inviste en atención primaria, sendo unha das tres que nesta anualidade recortou o presuposto en materia sanitaria en relación co pasado ano.










Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.