Os Servizos Sociais do Concello de Ribadeo informan de que está aberta a convocatoria para participar na edición do Programa de Turismo Social do ano 2010. O programa é para maiores de 65 anos ou maior de 60 sendo neste caso pensionista (non precisan cumprir este requisito os cónxuxes ou acompañantes) e residir na Comunidade Autónoma de Galicia. Ofértanse as modalidade de turismo termal, turismo de praia e turismo de intercambio. O prazo de presentación das solicitudes remata o 10 de abril de 2010.
Turismo social para maiores en Ribadeo
Turismo social para maiores en Ribadeo
Relacionado
-
A charanga Bicoia, chegada de terras ourensáns, encheu de ritmo as rúas da vila nun novo Domingueo en Ribadeo, organizado por Acisa dentro do programa ‘O noso comercio é vida, vive Ribadeo’, que se desenvolve ata o 31 de agosto
-
O xurado do LI Certame Literario do Concello de Vilalba vén de facer público o seu ditame, proclamando como gañadora a obra Nakba, presentada baixo o lema “Coma quen lambe a ferida” e cuxa autora é Patricia Torrado Queiruga
-
Éxito de participación na VII Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que se celebrou esta fin de semana con arredor de 600 atletas participantes nas diferentes categorías desta proba, que concluíu a carón do Pazo de Ibáñez, onde tivo lugar a entrega de trofeos aos gañadores