LUGO .-Responsables da Deputación do museo provincial e representantes do sector hostaleiro asistiron a demostración que a barista burelesa Sofía Prieto fixo sobre a elaboración e cata de café no museo de Lugo
Nota de Prensa
O MUSEO DE LUGO ACOLLEU UNHA DEMOSTRACIÓN DA ELABORACIÓN E CATA DO CAFÉ A CARGO DE PROFESIONAIS BARISTAS LUCENSES
A Área de Cultura programou esta charla-demostración a cargo dos dous recoñecidos baristas lucenses, José Manuel Portela e Sofía Prieto Lestao
Estes dous lucenses veñen de acadar un segundo e primeiro premio na elaboración e cata de café, respectivamente, no Campionato de España de Baristas celebrado en Zaragoza
LUGO, 13 de maio de 2010. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, así como o delegado de Cultura e Deportes, Antonio Veiga, e a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, así como Cheché Real en representación dos hosteleiros lucenses, participaron esta mañá na charla-demostración que a Área de Cultura da Deputación, en colaboración coa Asociación de Hostaleiros de Lugo, organizou no Museo de Lugo sobre as técnicas de elaboración e cata do café. A xornada centrada no café estivo guiada por José Manuel Portela, barista da Fonsagrada que vén de gañar o segundo premio na elaboración de café no Campionato de España, e por Sofía Prieto Lestao, de Burela, campioa de España de Cata de café.
Antón Bao felicitou a estes dous rapaces lucenses polos seus triunfos acadados no campionato estatal das diferentes categorías de elaboración e cata de café, agasallounos cun recordo da Área de Cultura da Deputación e desexoulles os maiores dos éxitos na súa carreira profesional de aquí a ao futuro, que se augura prometedor tal como demostraron. Antón Bao tamén quixo lembrar que “ademais de poder afirmar que, como demostran hoxe estes dous rapaces lucenses, en Lugo e Galiza temos unha potencialidade inmensa no noso capital humano, tamén temos outros valores engadidos como a calidade dos nosos produtos e materias primas, coma o leite, que conxugados co mellor grao de café constitúen delicias gastronómicas merecentes dos mellores premios aquí e no Estado”.
Nesta charla-demostración organizada pola Área de Cultura da Deputación, os dous expertos baristas lucenses transmitiron ao público asistente os seus consellos e coñecementos á hora de elaborar un bo café, así como os aspectos a ter en conta á hora de comprobar e degustar todas as características que definen e se valoran dun café, como o seu aroma, sabor, presentación, etc.
Ademais, facendo unha retranqueira alusión digna do mesmo Castelao, e aproveitando que o Museo de Lugo acolle a exposición sobre o máis insigne persoeiro da cultura galega, Sofía Prieto foi capaz de debuxar a xa mítica caricatura do rostro de Castelao sobre a escuma dun café, así como se prestou a debuxar os aros o logotipo identificativo da Área de Cultura da Deputación. Pola súa banda, José Manuel Portela, creou sobre os seus cócteles de café a silueta da muralla de Lugo, así como un peregrino e a catedral de Compostela lembrando o ano santo. Tanto o vicepresidente da Deputación como o delegado de Cultura e Deportes da Deputación, Antón Bao e Antonio Veiga, animáronse a probar os deliciosos cafés que realizaron estes dous profesionais lucenses.











O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



