A exposición itinerante, realizada pola Asociación Mariñapatrimonio, sobre a industria do ferro chega a XOVE onde vai estar aberta no Centro Cívico deste concello até o día 31de maio. A mostra, que leva por título “ A industria do ferro no norte de Lugo e no occidente astur”, recolle a orixe e a evolución histórica do traballo do ferro nesta zona, os lugares de extracción e traballo ( explotacións mineiras, ferrarías, mazos e forxas), a elaboración de obxectos de corte e tres lugares sobranceiros na dedicación á manufactura de obxectos de ferro: A Pontenova, Riotorto e Taramundi. A exposición estará aberta aos visitantes de 18 a 21 horas no Centro Cívico do Concello de Xove.
A exposición itinerante sobre a industria do ferro chega a Xove
A exposición itinerante sobre a industria do ferro chega a Xove
Relacionado
-
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa que dos catro efectivos previstos no cuadrante deste domingo, 10 de decembro, no Parque de Bombeiros de Viveiro, só se incorporaron dous, incumpríndose así os servizos mínimos
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, puxo en valor a calidade e sabor do peixe e marisco das rías galegas así como as súas beneficiosas propiedades nutricionais e animou ao seu consumo como parte esencial dunha dieta equilibrada e saudable
-
Continúa a programación de Nadal en Cervo