Calendario das finais provinciais de minibasquet que se ceberan sábado no Anexo ao Pazo, nas que o C.B. Burela alevín representarán A Mariña, despois de que rematarán as ligas comarcais na que ambos equipos quedaron campións, nos dous casos sen coñecer a derrota. Alevín masculino: Cidade de Lugo – Maristas ás 10:30 h, Anexo 1; Estudiantes 98 – C. B. Burela ás 12:00 h, Anexo 1; 3º e 4º Posto ás 16:30 h, Anexo 1; Final ás 18:00 h, Anexo 1. Alevín femenino: Cidade de Lugo – Estudiantes Al. Fem ás 10:30 h, Anexo 2; Mª Auxilliadora – C. B. Burela á 12:00 h Anexo 2; 3º y 4º Puesto ás 16:30 h Anexo 2; final ás 18:00 h, Anexo 2




















Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



