Mañá mércores da comezo a exposición que amosará os traballos do I Certame de Pintura Rápida que se desenvolveu dentro da campaña O Comercio en movemento que organizaron o Centro Comercial Aberto e o Concello de Ribadeo. A exposición estará aberta na Oficina de Turismo do 5 ao 17 de maio. Os horarios de visita son de 9 a 14 e de 16 a 17 horas de luns a venres e os sábados de 10:30 a 15 e de 17 a 19 horas. Os domingos estará pechada.
Exposición do I Certame de pintura rápida en Ribadeo
Exposición do I Certame de pintura rápida en Ribadeo
Relacionado
-
Coa visita de mascotas, con doce, velas e menú conmemorativo tivo lugar a celebración do 6º aniversario da posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo
-
Academia A Mariña acollerá o vindeiro martes, 17 de xuño, unha sesión informativa sobre o novo marco de colaboración entre empresas e entidades de formación no ámbito galego
-
O Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza unhas xornadas gratuítas de iniciación e diversión co volei